Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Anova apoia a manifestación do 8F convocada por Queremos Galego

Levamos na frente unha estrela, e esa estrela é a lingua de nós. A lingua galega vive, e vivirá máis de mil primaveras. Farao conquistando os espazos que quere ocultarlle un poder ilexítimo. Farao esixindo e conquistando o dereito sen restricións a vivirmos a totalidade das nosas vidas usándoa en todas as situacións comunicativas posibles. Como calquera falante de calquera lingua do mundo.

Anova chama á confluencia dos movementos cidadás e políticos

Alén de apoiar as candidaturas cidadás, a organización propón a creación dunha coalición  instrumental a nivel nacional co obxectivo de fornecer unha cobertura xurídica que permita que xurdan alternativas municipais no ámbito da esquerda alternativa en todos os concellos.

Contra a violencia, o fanatismo relixioso e o fascismo

Os terribles feitos de París, como a violencia sistemática desatada coma unha fera descontrolada por tres cuartas partes do mundo, non son un problema de liberdade de expresión exclusivamente. O sistema operou, tamén neste caso, coa lóxica da transmutación. 

Anova co pobo grego. Contra a política do medo e a chantaxe

Lidia Senra e Beiras con Alexis Tsipras

A incapacidade do goberno grego para conseguir unha maioría de apoio ao candidato conservador á xefatura do Estado leva consigo, segundo a lexislación grega, a convocatoria de eleccións xerais que se celebrarán, con toda probabilidade, a finais de xaneiro do ano que entra.

Na defensa dos seres vivos. Nin touradas, nin circos con animais

Os animais, historicamente, foron considerados como obxectos ou xoguetes, negándolles calquera semellanza con nós. Todo, debido aos nosos fascismos como especie, que concibe ao ser humano en guerra permanente de explotación e exterminio sobre o resto de seres vivos, converténdoos en inferiores a nós e representándoos como seres que non sofren.

Galicia xa é luminosa, estúpidos

Parece que o goberno da Xunta cumpriu aplicadamente os seus mandados e encóntrase con que lle sobran 350.000 euros que non sabe moi ben onde nin como investir. Por iso pensa en doalos, nun arrouto de filantropía, á única actividade cultural que lles resulta recoñecible: unha canción de Enrique Iglesias.

Confluencia Anova_Guanyem BCN

CONFLUENCIA MUNICIPAL E QUEBRA DEMOCRÁTICA

Xoves 18 do Nadal, ás 19:00 horas, no Salón de Actos da Facultade de Filosofía (Praza de Mazarelos) en Compostela.

O acto, organizado por Anova-IN e presentado polo Portavoz Nacional, Martiño Noriega, estará moderado pola xornalista Rosabel Candal, e contará coa presenza de Ada Colau e Gerardo Pisarello, de Guanyem Barcelona, e Xosé Manuel Beiras, portavoz Nacional de Anova-IN.

O dito evento, aberto á cidadanía toda, ten como obxectivo o intercambio de experiencias e a aprendizaxe mutua dos procesos municipais de confluencia e das candidaturas con base popular que se están a dar ao longo do noso país e noutras nacións do Estado.

Unha nova lei para rematar coa rebeldía

Unha vez máis os escasos principios democráticos que o PP ten no seu haber son postos de manifesto. Mentres a permisividade é absoluta cos casos de corrupción nos que eles mesmos ou a familia real se están a ver envoltos, tentan aplicar novas leis que estrangulen ao común da cidadanía e ao conxunto dos movementos sociais.

6 decembro de 2014. Pola Ruptura democrática e a República

O 36 aniversario da Constitución Española de 1978 chega nun mal momento para o réxime que a orixinou. Corrupción xeneralizada, paro, pobreza, destrución da mínima estrutura de benestar social, desprotección e desamparo social por parte das Administracións públicas, intento de recentralización e negación da vontade nacional dos Pobos e Nacións sen Estado.