Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Resume da segunda quincena de novembro

ANOVA-IN
Outras actividades:
  • Participación como Observadores internacionais na Consulta popular de Catalunya (Antón Sánchez e Xiana L. Penedo).
  • Visita a Cotobade para recabar información para iniciativas de protección do patrimonio rupestre (Antón Sánchez).
PARLAMENTO GALEGO
Algunhas iniciativas, preguntas e outras actividades realizadas por Antón Sánchez e Xosé Manuel Beiras:
  • Iniciativas sobre o uso público dos terreos do Porto da Coruña.
  • Presentación de emendas ao Proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas dos Orzamentos para o ano 2015.
  • Iniciativa sobre o saneamento da Ría de Corcubión.
  • Iniciativa sobre a esixencia de responsabilidades políticas pola xestión da Xunta de Galicia na empresa Alimentos Lácteos.
  • Rolda de prensa sobre Alimentos Lácteos.
  • Pregunta sobre o servizo de recollida de residuos perigosos.
  • Iniciativas sobre o déficit tarifario.
  • Mesa Redonda sobre as políticas ambientais en Galiza. Feira Terractiva, Arzúa.
  • Participación no I Foro da Auga de Cuntis, mesa redonda: https://www.facebook.com/events/726030824117296/?ref_dashboard_filter=past
  • Encontro con Daniel Reventós sobre a Renda Básica.
  • Xuntanza co colectivo Salvemos Cabana contra a megaminaría contaminante.
Máis info: http://age.gal/ | https://www.youtube.com/user/HaiAlternativa/videos

AGE EN EUROPA

Actividade en Galiza

Entre outras cuestións:

Semana do 03/11/2014 ao 07/11/2014. Semana de comisións en Bruxelas

Nestes días Lidia volveu ter unha destacada participación na Comisión de Agricultura, especialmente no debate sobre a evolución da situación do mercado no sector do leite e dos productos lácteos e do funcionamento das disposicións do "Paquete lácteo": https://www.youtube.com/watch?v=ZbLXD90gFbw&list=UUJtR1TGcqGxleFqIDmKICBQ

Xuntanzas con colectivos:

  • ACOUGA, Asociación Galega de Consumidores e Usuarios
  • Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui
  • Cooperland, rede de prácticas cooperativas cidadás.
  • Daniel Pascual do Comité de Unidade Campesiña guatemalteco. Contounos a gran represión e criminalización que están sufrindo os movementos sociais en Guatemala (en especial o campesiño e indíxena) con violacións de dereitos humanos incluídas.
Outras:

Semana do 10/11/2014 ao 13/11/2014. Semana de pleno en Bruxelas

Esta semana tivo lugar o coñecido como "minipleno" (sesións plenarias máis curtas do habitual e que se desenvolven en Bruxelas varias veces ao ano). Nesta ocasión, Lídia interveu para alertar dun novo acordo de libre comercio, UE-Moldavia, un tratado máis que sitúa os intereses de expansión económica das empresas transnacionais por riba das propias necesidades da poboación: https://www.youtube.com/watch?v=GfNPp7tZccM

Ademais, tivo oportunidade de denunciar a situación dos/as traballadores/as de Lantero en Vilagarcía de Arousa: https://www.youtube.com/watch?v=FjBI-l8cTQA

Outras:

  • Lidia participou tamén nas xornadas sobre "O ataque israelí en Gaza. Unha visión dende o terreo".
  • Por último, rexistrouse unha pregunta parlamentaria para resposta escrita sobre a aplicación dunha nova regulación do etiquetado de produtos pesqueiros e de acuicultura na que se alertaba da exclusión do mexillón (adxunta).

Anova indignada pola detención de estudantes onte en Compostela

Dende Anova vémonos na obriga, doutra volta, de denunciar as tentativas de criminalización da mocidade e do estudantado galegos polo simple feito de exercer a súa lexítima e mesmo loábel protesta contra as políticas exterminadoras do público por parte dos malgobernos do Partido Popular.

Resume da semana do 13-19 de outubro 2014

ANOVA-IN
PARLAMENTO GALEGO
Máis info: http://alternativagalega.com/

AGE EN EUROPA

Semana de Comisións e actividades do Grupo en Bruxelas. Nesta semana Lidia combinou a actividade en Comisións coas actividades organizadas polo GUE/NGL.

  • Concretamente, na Comisión de Pesca acudiu a defender o xeito fronte a posíbel prohibición da pesca con redes de deriva:https://www.youtube.com/watch?v=R_qy2_vx8GI
  • Asimesmo, participou na acción impulsada polo GUE/NGL contra a opacidade nas negociacións no TTIP. Decenas de eurodeputadas/os concentráronse fronte a sala na que gardan (agochan) os documentos do TTIP para realizar unha protesta simbólica contra esta falta de transparencia: https://www.youtube.com/watch?v=TviARr4utqY&list=UUd0B4xk88w6cDX9aItXAfPQ
  • Por outra banda, exerceu de anfitrioa para varias organizacións campesiñas e movementos sociais colombianos que trouxeron ao Parlamento Europeo a problemática do acaparamento de terras nese país. Aquí temos un video-presentación do acto: https://www.youtube.com/watch?v=OnvAqtJxPUk

Rexistráronse 4 preguntas dirixidas á Comisión Europeas:

  1. Uso de técnicas publicitarias para promover as touradas entre menores de idade
  2. Uso de fondos de la PAC para subvencionar elementos da tauromaquia. Asinadas estas dúas con Jordi Sebastiá (Primavera Europea), Ernest Urtasun (ICV) e Marina Albiol (IU-IP).
  3. A ameaza da vespa asiática
  4. Prohibición de pescas com redes derivantes tradicionais e artesanais

Todas as preguntas aquí: http://www.europarl.europa.eu/meps/pt/125049/LIDIA_SENRA+RODRIGUEZ_activities.html

Outros: Lidia tivo ocasión de coñecer a situación na que se atopa o conflito ucraniano grazas a unha audiencia pública do GUE/NGL que contou coa presenza de membros do Partido Comunista Ucraniano e outros colectivos de esquerda. Tamén houbo un encontro con Martin Mcguinness, viceprimeiro ministro de Irlanda do Norte, para tratar o estado do proceso de paz nese país. Por último, houbo outra xuntanza do grupo de traballo do GUE/NGL sobre a débeda para preparar unhas extensas xornadas nas que analizar o tema.

Máis info: http://lidiasenra.com/

NOTA: se desexas algunha ampliación destas informacións non tes máis que pedila

Anova-IN continúa coas súas xeiras polo país noso

O programa das xeiras de anova reanúdase logo da celebración da II Asemblea Nacional coa celebración dunha en Boiro, para a área do Barbanza. As xeiras de anova son actos descentralizados na súa organización e abertos na súa concepción para facilitar a reflexión colectiva e a elaboración de conclusións e estratexias comúns de cara a compartir o proxecto de anova coa sociedade civil activa.

Resume da Semana 6-12 de outubro 2014

ANOVA-IN
PARLAMENTO GALEGO
Máis info: http://alternativagalega.com/

AGE EN EUROPA

Lidia Senra adicou esta semana á Comisión de Agricultura, á elaboración e presentación de preguntas (máis abaixo) e á coordinación de accións contra o TTIP que se están preparando para esta semana a nivel do GUE/NGL (ademais da xornada internacional contra o TTIP deste sábado na que Lídia participou dende Barcelona).

As 6 preguntas rexistradas e dirixidas á Comisión Europea foron as seguintes:

  • Sobre o dereito dos campesiños e campesiñas a negociar un prezo digno polo seu traballo (Direito de concorrência na aplicação da PAC).
  • Sobre o traspaso da regulación da industria farmaceútica á Direción Xeral de Industria dende a de Saúde e Consumo (Mudança no controlo da Agência Europeia do Medicamento). 
  • Sobre os impactos que terá o CETA nos nosos sectores produtivos agrogandeiros e nas nosas indicacións xeográficas (Cessões em agricultura no CETA). 
  • Sobre o impacto que poderán ter determinadas claúsulas do CETA na cancelación do proxecto mineiro de Edgewater na Galiza (CETA e Edgewater na Galiza).
  • Sobre a represión e condeas a folguistas (Violação no Estado espanhol de direitos fundamentais).
  • Sobre o repago farmaceútico (Pago medicamentos na Galiza).

Por outra banda, preparáronse con eurodeputados/as do Estado español de diferentes grupos parlamentares e organizacións do Estado varias preguntas sobre touradas e benestar animal que serán presentadas esta semana.

Máis info: http://lidiasenra.com/