Actividade Política

As nosas opinións políticas, intervencións nas institucións, actividades...

Na fronte unha estrela!

 

Neste día de Galiza continuamos a reclamar a liberdade para o noso pobo. A liberdade para unha nación periférica que se afirma na vontade de existir e de exercer, na práctica cotiá, a autodeterminación camiño cara á independencia.

Actos do Día da Patria 2014

Anova-In convoca un acto sociopolítico o Día da Patria Galega, na Praza 8 de Marzo, ás 13:00 horas con posterior convivio no Parque de Belvís.

O día anterior, 24 de xullo, Alternativa Galega de Esquerda, convoca un Foro pola quebra democrática e o dereito a decidir, con presenza de membros de organizacións dos suxeitos políticos do Estado. 

Contra a represión sindical, polas liberdades democráticas

Anova – Irmandade Nacionalista apoia as mobilizacións convocadas para o vindeiro luns día 30 de xuño polas centrais sindicais galegas para denunciar a inxustiza das condenas a prisión de catro traballadores e traballadoras por exercer o seu dereito á folga.