Documentos

Textos das asembleas de Anova. Os textos vixentes (estatutos, tese organizativa, tese política, carta financeira e resolucións) proceden da II Asemblea Nacional.

IIIAN. Documentación completa

Para facilitar o traballo de quen queira imprimir toda a documentación facilitamos un documento completo, de 67 páxinas, que contén: proposta de orde do día, proposta de regulamento, tese de organización, tese política, informe de xestión, informe de altas e baixas e tódolos informes económicos.

Documentación completa da II Asemblea Nacional.
Preme para baixar o documento.

IIIAN. Informe de xestión e informes económicos

Informe de xestión e altas e baixas, xunto cos informes económicos 2014-17 para a III Asemblea Nacional.

Informe de Xestión.
Preme para baixar os documentos. Nesta ligazón podes baixar o informe de xestión, xunto co informe de altas e baixas de militancia.

Informes económicos.
Preme para baixar os informes. Exercicio 2015, Exercicio 2016, Informes económicos de AGE 2014-16, Eleccións Municipais 2015, Eleccións ás Cortes 2015, Eleccións ás Cortes 2016 e Eleccións Galegas 2016. 

Anova convoca a súa III Asemblea Nacional en Pontevedra

A Coordinadora Nacional, celebrada o 4 de febreiro de 2017, aprobou a convocatoria da III Asemblea Nacional de ANOVA-IN, cuxo plenario final terá lugar o sábado, día 18 de marzo de 2017 en Pontevedra baixo o lema "Galiza no camiño da unidade popular".

Textos definitivos da II Asemblea Nacional de Anova-IN

Os documentos presentes nesta publicación foron aprobados na II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, cuxas sesións plenarias discorreron os días 11 e 12 de outubro de 2014 no Pazo de Congresos de Compostela baixo o lema: "Coa nación na esquerda. Tecendo rede”. Constitúen, xa que logo, as teses política, organizativa, estatutos e carta financeira vixentes na actualidade no seo da irmandade de Anova.

Teses política e organizativa, carta financeira e resolucións.
Podes baixar este exemplar para imprimir en formato libro.

Teses política e organizativa, carta financeira e resolucións
Podes baixar este exemplar para imprimir en follas soltas.

Resolucións aprobadas na II Asemblea Nacional de Anova-IN

Propostas de resolución sobre os tratados de libre comercio, a protección dos animais, as Marchas da Dignidade, o patriarcado, a LOMCE e a campaña BDS, todas aprobadas por aclamación na II Asemblea Nacional de Anova –IN, durante o plenario do 12 de outubro de 2014.

Datos da composición da nova Comisión de Garantías

A nova Comisión Ética e de Garantías emanada da II Asemblea Nacional estará formada por Bernardino García Novoa, María Josefa Rivera González, Miriam Rodríguez Domínguez, Carlos Enrique Pereira Fernández e José Ramón Rodríguez Franco.