Informe económico e de xestión de ANOVA-IN (xullo 2012 – xuño 2013)

Por Anova IN o 23 de Agosto de 2013 en I Asemblea

En primeiro lugar, cómpre dicir que as contas de ANOVA-IN están ao dispor decalquera persoa afiliada que teña interese en revisar as mesmas. Por razóns obvias dediscreción e de prudencia na protección de datos, a información que se reflicte nesteinforme fai referencia ás principais cifras da nosa contabilidade ata o 30 de maio de2013. Para unha maior compresión deste informe económico optouse por dividilo entres partes.

Primeira parte: ten que ver coa situación pre-legalización de ANOVA-IN. É dicir: basicamente son as contas dos comicios ao Parlamento Galego, e polo tanto soncontas relacionadas coa coalición eleitoral AGE.Como é coñecido, ANOVA-IN até a súa inscrición definitiva no Rexistro de partidospolíticos do Ministerio do Interior carecía de personalidade xurídica propia, polo que acoalición eleitoral formalizouse entre o EI, FOG e FPG (baixo a denominaciónconxunta de Anova) e máis EU-Esquerda Unida. A día de hoxe, tanto a FOG como o EI xa asinaron a cesión “de todos os dereitos derivados dos resultados das eleccións ao Parlamento Galego do 21 de outubro de 2012 a ANOVA-IN”, faltando só a FPG por entregar o devandito documento de cesión de dereitos. Todos os movementos económicos de Anova (EI, FOG e FPG) fixéronse nunha única conta bancaria aberta pola FOG e administrada mancomunadamente pordúas persoas.

A conta abriuse con 0€ o 24/09/2012 e pechouse o 06-03-2013 cun saldo de +6,63 €.

Os gastos nese período foron de 90.857,50 € e, como xa se dixo, teñen que ver cos gastos da campaña eleitoral. En todo caso, as contas de campaña son públicas e xaestán publicadas na páxina web do Consello de Contas.

Ingtesos por préstamos e donativos +78.832,50 EUROS
Transferencia de ALTERNATIVA GALEGA DE ESQUERDA +3.025,00 EUROS
Transferencia de GRUPO PARLAMENTARIO ALTERNATIVA +9.000,00 EUROS
TOTAL INGRESOS +90.857,50 EUROS

Segunda parte: son as contas propiamente de ANOVA–IN despois da súalegalización, é dicir, dende que ANOVA–IN está legalizada e se abriu a conta propiana Caixa Rural o 5 de febreiro de 2013.

INGRESOS:

Por cotas da militancia de ANOVA–IN 16.023,12 EUROS
Por ingreso polas 4 persoas parlamentarias 11.500,00 EUROS
Por ingreso do Grupo parlamentar 11.000,00 EUROS
TOTAL INGRESOS 38.523,12 EUROS

GASTOS:

A maioría destes gastos teñen que ver coa actividade desenvolvida nestes meses por ANOVA–IN: alugueiro de locais para actos públicos, cuñas radiofónicas, publicidade, viaxes a congresos como convidados (a Pamplona), merca dunha equipa informática, pago de seguridade social, AEAT (facenda), alugueiro do Palacio de Congresos (1.527,59€ asemblea deliberativa), etc. Cómpre destacar o gasto de 902,70€ pola tramitación dos recibos de cotas devoltas.

TOTAL GASTOS 15.105,69 EUROS
TOTAL SUPERÁVIT 32.417,43 EUROS

Terceira parte: Esta sería a que corresponde aos ingresos e gastos do Grupo Parlamentar, cuxas contas están sometidas á lexislación en vigor así como ao réximeproprio do Parlamento Galego. En todo caso, o recollido neste informe está en correspondencia coa parte do grupo parlamentar que representa ANOVA–IN. A previsión de ingresos anuais do G.P. (ANOVA–IN) para o ano 2013, supoñendo queo Goberno Galego non recorte os mesmos son:

INGRESOS 388.841,28 EUROS
GASTOS DE FUNCIONAMENTO 219.253,32 EUROS

De non mudar as circunstacias actuais habería un superávit de 168.253,32 EUROS.

Galiza, 8 de xuño de 2013.