Principios organizativos e Estatutos

Por Anova IN o 27 de Agosto de 2013 en I Asemblea

Principios organizativos e Estatutos aprobados na I Asemblea Nacional, o 8 e 9 de xuño de 2013.

Principios organizativos

  • Asembleas soberanas no seu ámbito local e que se confederan con vocación de permanencia para ser un actor político nacional.
  • Asemblearismo entendido como a participación directa e indelegábel (collen aquí formas de referendo mediante as TIC para consultas) nas grandes decisións e na elección dos órganos de coordinación e/ou executivos nacionais así como eventuais candidaturas.
  • Aceptación dun código ético partillado.
  • Os órganos nacionais estarán sometidos a revogabilidade e a elección, que se tentará faceren primeira instancia por consenso, será aberta á presentación de calquera militante e cunsistema proporcional puro ou mediante listas abertas.
  • Os órganos de dirección/coordinación en calquera ámbito non poden ter unha participación decalquera dos xéneros superior ao 60%.
  • Estas decisións fundacionais, PRINCIPIOS ORGANIZATIVOS E ESTATUTOS, só poderán ser modificadas en Asemblea Nacional e por unha maioría cualificada de 2/3.

Estatutos

Título Preliminar

A nova organización denominarase Anova – Irmandade Nacionalista.

1. Afiliación, dereitos e deberes

Artigo 1. Ten dereito a ser afiliado/a toda persoa que así o desexe e que se comprometa a respectaras normas e principios de funcionamento e actuación democraticamente adoptados pola organización. A afiliación e integración é de carácter exclusivamente individual.

O órgano competente para aceptar unha petición de alta na organización é a Asemblea de Base correspondente. Un acordo rexeitando unha petición de alta deberá ser razoado. Alén diso poderá ser recorrido diante da Coordinadora Nacional.

Farase especial atención a aquelas persoas militantes que non residan en Galiza para garantir a súa plena integración na vida orgánica.

Artigo 2. Toda persoa afiliada terá dereito a:

  1. Expresar libremente –sexa de xeito individual ou colectivo– as súas opinións dentro da organización, e publicamente como persoa afiliada.
  2. Elixir, ser elixida e formular propostas de revogación nos distintos órganos, cos procedementos contemplados nestes Estatutos.
  3. Participar e votar en todas e cantas situacións afecten á vida organizativa segundo os mecanismos estabelecidos nos presentes Estatutos.
  4. Utilizar o material, locais e demais servizos que se poidan crear e ofrecer para os fins e actividades propias da Organización.
  5. Recibir, en caso necesario, defensa, asesoría e apoio solidario en toda situación problemática que se derive ou relacione coa súa pertenza e actividade a prol ou en nome da organización.
  6. Participar na proposta, planificación, elaboración, control e execución das distintas actividades que se realicen.
  7. Recibir información detallada sobre todos os aspectos da vida e xestión da organización.
  8. Discrepar publicamente dos acordos maioritarios.
  9. Impugnar os acordos que estime contrarios aos principios ético-políticos, organizativos eestatutarios da organización.

Artigo 3. As persoas afiliadas teñen o deber de:

  1. Observar os presentes Estatutos e actuar conforme aos principios organizativos e políticos democraticamente adoptados.
  2. Cotizar a cota estabelecida e velar polo mantemento e conservación dos bens da organización.
  3. Colaborar activamente no cumprimento dos principios e obxectivos da organización, asistindo ás xuntanzas e actividades da mesma.
  4. Cumprir os acordos lexitimamente adoptados pola organización. Na Acción Institucional os acordos serán vencellantes. Na Acción Social, serán só orientacións. Os membros da organización terán autonomía para modular os acordos adaptándoos á realidade dos movementos sociais nos que interveñan.
  5. Todos o órganos –e os afiliados e afiliadas en canto tais– empregarán exclusivamente a lingua galega en todas as actividades que desenvolvan e comunicados que emitan.
    En canto aos comunicados dirixidos a organismos e medios de outros países, os mesmos utilizarán a lingua galega máis a tradución á lingua deles sempre que resulte viábel tecnicamente.
    Dos medios de comunicación galegos esixirán que se publique no noso idioma –conforme ámanifestación orixinal– a transcrición das súas palabras, a fin de garantir o dereito á propia imaxe. Caso de non ser aceptada esta condición, deberase avisar ao medio de que carece de permiso para publicala traducida, e se non fose respectado o dereito á propia imaxe, o órgano ou afiliado concernido deberá facer pública protesta e denuncia.
    Asimesmo, na súa vida cotiá, as persoas afiliadas e simpatizantes deberán facer o maior esforzo pola normalización do uso da lingua galega.

Artigo 4. A condición de afiliada ou afiliado pérdese

  1. Por expresa vontade de quen así o desexe, manifestada por escrito.
  2. Por falta inxustificada no pagamento das cotas durante tres períodos de cotización, previo apercibimento por escrito cun mínimo de quince días de antelación.
  3. Pola inobservancia dos presentes Estatutos ou dos acordos democraticamente adoptados. Neste último caso, deberá mediar sempre o correspondente proceso contraditorio de instrución de expediente que ampare os dereitos das persoas implicadas, agás para as medidas cautela establecidas nos Principios Ético-Políticos.

Artigo 5. Sobre a figura do/a simpatizante: Terá posibilidade de participar en todo o que non estea reservado á afiliación nas condicións que estabelezan para cada convocatoria.

2. Estrutura e organización territorial

Artigo 6. O noso ámbito territorial é a nación galega, sen renuncia a participar e intervir en todo aqueloutra instancia política e administrativa en que poidan estar en xogo, nun momento dado, os intereses de Galiza como pobo.

Anova fará un esforzo por asentar a súa estrutura organizativa nas comarcas de lingua galega das comunidades autónomas de Asturias e Castela e León.

Artigo 7. ANOVA organízase territorialmente en tres grandes ámbitos: local, nacional e a diáspora.

  1. As agrupacións menores, parroquial ou de barrio, co carácter de grupo de traballo serán creadas pola Asemblea Local correspondente.
  2. Cada asemblea é autónoma para regular a súa xestión e funcionamento, independentemente, salvo o previsto nesta regulamentación dos estatutos xa sexan orientativas ou vinculantes.
  3. As asembleas nomearán unha Coordinadora Local que como mínimo de entre os seusmembros designará unha persoa para exercer de Portavoz e outra para Coordinación.
  4. Poderase crear unha Permanente Local cando o desenvolvemento organizativo dunha Asemblea Local así o aconselle. Será a comisión encargada de realizar o traballo de intendencia da asemblea local.
  5. As asembleas locais poderán conxuntamente convocar puntualmente á militancia do ámbito comarcal para cuestións e consultas que afecten a ese ámbito.
  6. Para a coordinación desas cuestións poderase establecer unha Comisión de Coordinación Comarcal integrada por persoas designadas a tal efecto por cada asemblea constituída.
  7. As asembleas locais comprometeranse a traballar para lograr un número paritario de mulleres e homes militantes.
  8. As asembleas locais serán soberanas á hora de elaborar as listas para as eleccións locais sempre e cando os/as candidatos/as respecten os principios ético-políticos da organización.

Artigo 8. A Asemblea Nacional é o máximo órgano e está formada pola totalidade das persoas afiliadas. Entre os seus fins está definir a liña política e as actividades da organización no seu ámbito e reunirase ordinariamente cada dous anos. “Con carácter extraordinario reunirase por petición dun 35% da coordinadora, dun 35% das asembleas comarcais ou dun 35% da afiliación”.

As decisións no seu seo tenderán a tomarse por consenso, mais, de non ser posíbel, tomaranse por maioría das persoas presentes, agás para aquelas cuestións que requiran maioría cualificadas.

Poderán asistir ás asembleas nacionais persoas colaboradoras e simpatizantes con voz pero sen voto do xeito que se regule para cada convocatoria.

Artigo 9. Coordinadora Nacional. Como órgano colexiado con funcións de dirección política no período inter-asembleario elixirase unha Coordinadora Nacional integrada por persoas elixidas directamente na Asemblea Nacional en número de entre 50 e 75, garantindo a axeitada representación territorial. Ás persoas elixidas directamente na asemblea nacional engadirase un representante por comarca do xeito e coas condicións que se establezan nun prazo máximo de seis meses previa elaboración dun mapa comarcal e previa consulta coa afiliación (Neste momento o mapa aprobado pola Coordinadora Nacional do día 19 de xaneiro de 2013).

Para as funcións técnico executivas a Coordinadora Nacional poderá comisionar de entre os seus membros e para tarefas concretas a persoas que colexiadamente funcionarán a xeito de comisión permanente sen máis competencias que as que lle delegue a Coordinadora Nacional diante da que en todo caso responderán.

Artigo 10. As Coordinadoras son o órgano coordinador e executor dos acordos do seu respectivo nivel asemblear. A súa asemblea de referencia decidirá o número de persoas que a compoñen e os seus cometidos concretos.

Artigo 11. Dentro da organización, en todos e cada un dos niveis, poderán constituírse roldas ou grupos de traballo con finalidades puntuais e concretas, por un período determinado, ou con vocación de permanencia, como ferramentas para o deseño das liñas mestras da acción social e institucionaldo novo referente político. Desenvolveranse baixo os mesmos principios que presiden o conxunto da organización, tendo carácter deliberativo e propositivo. Como norma xeral os grupos de traballo será abertos nas condicións que se estableza para cada caso. Dotaranse dun regulamento de funcionamento que deberá ser aprobado pola Coordinadora Local ou Nacional segundo o seu ámbito de funcionamento.

Artigo 12. Anova evitará, na medida do posíbel, crear sedes da organización no sentido clásico, especialmente a nivel nacional. As sedes de Anova, de existir, tenderán a constituírse coma centros sociais –autoxestionados ou con outra forma de xestión non mercantilista– que axuden a dinamizar a nosa sociedade, den cobertura aos movementos sociais, teñan dinámicas socioculturais propias ecomo consecuencia socialicen parte dos recursos da organización.

3. Sistema de elección de responsabilidades a todos os niveis

Artigo 13. A elección de toda caste de representantes dentro da organización será, de non existir asentimento, aberta á presentación de calquera militante e cun sistema proporcional puro ou mediante listas abertas.

Toda persoa afiliada que estea ao día nos seus deberes como tal ten dereito a apresentar a súa candidatura e a participar nas votacións.

Artigo 14. Partindo de que o desexábel nun proceso constituínte é o consenso e abertos a contemplar outras fórmulas de elección para o futuro, a elección dos órganos nacionais, coordinadora nacional e comisión ética e de garantías, elixiranse en listas abertas onde o votante poderá escoller unha lista completa ou riscar persoas de distintas listas. A Coordinadora Provisoria a traveso dunha comisión fará unha proposta de listas completa do máis amplo consenso posíbel para propoñer áasemblea constituínte. Porén calquera outra persoa ou grupo de persoas poderán candidatarse libremente co único requisito de estaren inscritos como asembleístas.

Artigo 15. Todas as persoas elixidas para o desempeño de determinada responsabilidade dentro da organización, sexa no nivel que for, poderán ser obxecto de revogación dentro dos propios órganos facultados para elixilas.

Para que se proceda á revogación será preciso un quórum de 2/3 en todos os casos. Para votar unha proposta de revogación será preciso que esta estea incluída na orde do día da convocatoria do órgano ou asemblea correspondente e que exista informe por escrito en que se substancien as razóns da proposta de revogación. Para que a revogación sexa efectiva será preciso que esta sexa aprobada pola maioría das persoas asistentes ou por un número igual á metade máis unha das persoas de pleno dereito da asemblea correspondente.

Todas as persoas elixidas para o desempeño de determinada responsabilidade dentro da organización, estará sometido á limitación temporal do seu posto de responsabilidade, tanto no nivel organizativo interno como representativo. As condicións da temporalidade regularase nunha próxima asemblea nacional.

Para as persoas liberadas nacionais, esta elección, se así fose solicitado por dous quintos do número de membros da Coordinadora Nacional, sería consultada a priori á militancia.

4. Da comisión ética e de garantías

Artigo 16. Terá as funcións que se lle atribúen nos Principios Ético-Políticos e as de atender calquera reclamación das persoas ou instancias da organización que afecten a aspectos internos da mesma. Nese sentido, deberá garantir que as decisións orgánicas estean na liña marcada pola Asemblea Nacional e os Estatutos e deixar constancia das anormalidades que detecte ou das que reciba denuncia.

A Comisión de Garantías será elixida pola Asemblea Nacional e renovada na seguinte. As súas decisións adoptaranse pola maioría dos seus membros. Estará composta por cinco persoas que non poderán formar parte de ningún outro órgano da organización. Esta comisión poderá solicitar, se é ocaso, o asesoramento xurídico oportuno. As súas resolucións serán de obrigado cumprimento eacatamento polas partes afectadas, aínda que recorríbeis, en derradeira instancia, perante a seguinte Asemblea Nacional.

Adicional

As asembleas para dotárense do seu regulamento terán en conta para o seu debate a maiores do articulado destes estatutos este texto aportado sen carácter imperativo.

Dentro da autonomía de cada asemblea local para regular a súa xestión e funcionamento, estas poderán dotarse das seguintes cuestións de mínima harmonización:

O seu ámbito competencial será aquel que verse sobre as temáticas que afecten directa ou indirectamente á localidade. Naquelas materias de competencia compartida entre diferentes niveis político–territoriais, as asembleas locais deberán coordinarse co nivel organizativo que corresponda. As asembleas locais poderán ser de carácter ordinario, extraordinario ou extraordinario de urxencia. As ordes do día serán abertas e consensuadas ó inicio de cada xuntanza agás no caso dunha asemblea de carácter extraordinario de urxencia, nas que so se tratarán os puntos previamente fixados. Tenderase a respectar un tempo máximo, previamente marcado, para tratar cada punto daorde do día. Será obrigatorio a toma dunha acta da xuntanza. Poderán asistir ás asembleas locais persoas colaboradoras e simpatizantes, con voz pero sen voto, do xeito que se regule por cada convocatoria. Todas estas cuestións serán recollidas nos Regulamentos de Réxime Interno por cada asemblea local.

Cada asemblea local contará cunha coordinadora composta como mínimo por unha área ou responsable de organización, unha área ou responsable de comunicación, unha área ou responsable de finanzas, unha área ou responsable de acción institucional e unha área ou responsable de acción social.