Entrevistas

Entrevista a Xosé Manuel Beiras (Cicloxénese Expresiva)

Realizada por Cicloxénese Expresiva. "Van xa 80 anos dende unha República que o veu nacer e que desembocou na ditadura de Franco, na transición e no período que agora vivimos. Xosé Manuel Beiras Torrado hospeda un ronsel de experiencias nas súas costas. Ten memoria por ter vivido e analiza a actualidade con perspectiva. Moitas persoas falan del como o presidente que soñaban ter, algúns aínda agora".

Beiras sobre o proceso En Marea

O covoceiro nacional de ANOVA, Xosé Manuel Beiras, avisa na Radio Galega aos colectivos e grupos que se queiran sumar a partir de agora ao proxecto da Marea de cara ás autonómicas que deberán integrarse sen condicións. No espazo "A Entrevista", Beiras asegurou que, malia manter as "portas abertas", o tempo de negociacións en condicións de igualdade "pasou". [Radio Galega]

Entrevistas a Xosé Manuel Beiras, Portavoz Nacional de Anova

Entrevistas realizadas na semana pasada ao recentemente renomeado Portavoz Nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras Torrado.

* Entrevista en RNE, aquí: Feijóo debería ser "inhabilitado de por vida para as funcións políticas.

* Entrevista na Voz de Galicia, aquí: "Na asemblea están os enunciados e agora hai que poñerse a traballar."

Beiras: “Non se poden analizar sempre os fracasos en clave de causas externas”

A piques de cumprir os 76 anos, Xosé Manuel Beiras, (Compostela, 1936) vén de iniciar unha singradura que supón calquera cousa menos unha xubilación. Dende A Reboraina de Aguiar, a súa casa, e rodeado de libros, cadros e fotografías que percorren boa parte da súa traxectoria política, o histórico líder nacionalista reflexiona sobre o paso que vén de dar, abandonar un BNG que, lamenta, non foi quen de contribuír a "rexenerar" e co que "non quere guerrear".