II Asemblea

Este espazo recollerá toda a documentación necesaria para participar na II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, cuxas sesións plenarias terán lugar o 11 e 12 de outubro de 2014.

Textos definitivos da II Asemblea Nacional de Anova-IN

Os documentos presentes nesta publicación foron aprobados na II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, cuxas sesións plenarias discorreron os días 11 e 12 de outubro de 2014 no Pazo de Congresos de Compostela baixo o lema: "Coa nación na esquerda. Tecendo rede”. Constitúen, xa que logo, as teses política, organizativa, estatutos e carta financeira vixentes na actualidade no seo da irmandade de Anova.

Teses política e organizativa, carta financeira e resolucións.
Podes baixar este exemplar para imprimir en formato libro.

Teses política e organizativa, carta financeira e resolucións
Podes baixar este exemplar para imprimir en follas soltas.

Resolucións aprobadas na II Asemblea Nacional de Anova-IN

Propostas de resolución sobre os tratados de libre comercio, a protección dos animais, as Marchas da Dignidade, o patriarcado, a LOMCE e a campaña BDS, todas aprobadas por aclamación na II Asemblea Nacional de Anova –IN, durante o plenario do 12 de outubro de 2014.

Datos da composición da nova Comisión de Garantías

A nova Comisión Ética e de Garantías emanada da II Asemblea Nacional estará formada por Bernardino García Novoa, María Josefa Rivera González, Miriam Rodríguez Domínguez, Carlos Enrique Pereira Fernández e José Ramón Rodríguez Franco.

Datos definitivos das eleccións á Coordinadora Nacional

Listaxe ordenada por número de votos. H e M indican as persoas que entran na Coordinadora Nacional logo de aplicar a corrección de xénero. Xosé Manuel Beiras, Martiño Noriega, Antón Sánchez, Iria Otero e Esther Duro son as cinco persoas máis votadas.

Informe de xestión

II ASEMBLEA NACIONAL. Coa nación na esquerda. Tecendo rede. Este informe de xestión foi aprobado, para debater na Asemblea Nacional, pola Coordinadora Nacional o domingo 5 de outubro.

Informe de Xestión da Coordinadora Nacional para a II AN.
Baixar pdf

Informe económico

II ASEMBLEA NACIONAL. Coa nación na esquerda. Tecendo rede. Este informe económico foi aprobado, para debater na Asemblea Nacional, pola Coordinadora Nacional o domingo 5 de outubro.

Informe económico da Coordinadora Nacional para a II AN.
Baixar pdf

Dossier completo para a II Asemblea Nacional

II ASEMBLEA NACIONAL. Coa nación na esquerda. Tecendo rede. Este dosier inclúe nun arquivo toda a documentación da II Asemblea Nacional: orde do día, regulamento, informes de xestión e económico, teses, candidaturas e emendas.

Dossier completo II AN.
Baixar pdf

Candidaturas á Coordinadora Nacional e CEG con datos

II ASEMBLEA NACIONAL. Coa nación na esquerda. Tecendo rede. Este documento inclúe os datos voluntariamente achegados polas persoas candidatas para que a militancia teña mellor coñecemento sobre elas. Se non figuran máis datos que o nome é porque non enviaron ren. As liñasen negro corresponden a persoas que manifestaron o seu desexo de non figurar nesta listaxe na web.

Datos das candidaturas á Coordinadora Nacional
Baixar pdf

Datos das candidaturas á CEG
Baixar pdf