III Asemblea

Este espazo recollerá toda a documentación necesaria para participar na III Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, cuxa sesión plenaria terá lugar o 18 de marzo de 2017 en Pontevedra.

IIIAN. Documentación completa

Para facilitar o traballo de quen queira imprimir toda a documentación facilitamos un documento completo, de 67 páxinas, que contén: proposta de orde do día, proposta de regulamento, tese de organización, tese política, informe de xestión, informe de altas e baixas e tódolos informes económicos.

Documentación completa da II Asemblea Nacional.
Preme para baixar o documento.

IIIAN. Informe de xestión e informes económicos

Informe de xestión e altas e baixas, xunto cos informes económicos 2014-17 para a III Asemblea Nacional.

Informe de Xestión.
Preme para baixar os documentos. Nesta ligazón podes baixar o informe de xestión, xunto co informe de altas e baixas de militancia.

Informes económicos.
Preme para baixar os informes. Exercicio 2015, Exercicio 2016, Informes económicos de AGE 2014-16, Eleccións Municipais 2015, Eleccións ás Cortes 2015, Eleccións ás Cortes 2016 e Eleccións Galegas 2016. 

Anova convoca a súa III Asemblea Nacional en Pontevedra

A Coordinadora Nacional, celebrada o 4 de febreiro de 2017, aprobou a convocatoria da III Asemblea Nacional de ANOVA-IN, cuxo plenario final terá lugar o sábado, día 18 de marzo de 2017 en Pontevedra baixo o lema "Galiza no camiño da unidade popular".