A Coordinadora Nacional, celebrada o 4 de febreiro de 2017, aprobou a convocatoria da III Asemblea Nacional de ANOVA-IN, cuxo plenario final terá lugar o sábado, día 18 de marzo de 2017 en Pontevedra baixo o lema "Galiza no camiño da unidade popular".

As datas do calendario asembleario aprobado son as seguintes:

  1. Sábado 4 de Febreiro: Convocatoria da Asemblea Nacional e peche do censo de afiliación. Designación do grupo de traballo de preparación da asemblea e da Comisión Redactora de Textos.

  2. Luns 6 - Venres 10 de Febreiro: Subsanación de erros no censo. Terán dereito a participar con voz e voto todas as persoas afiliadas con anterioridade ao 04-02-2017 coas cotas ao día. Aquelas persoas que adebeden cotas serán informadas desa situación con indicación de prazo e forma de subsanar para poder participar con dereito a voto. Contrastarase o censo coas asembleas para subsanar posibles erros ata a aprobación definitiva do censo de asembleístas en CN o 18/02/2017).

  3. Sábado 18 de Febreiro: Xuntanza da CN para aprobar: 

    · Regulamento e Orde do Día (incluíndo o lugar de celebración do plenario)
    · Relatorios para o debate
    · Censo definitivo de asembleístas con dereito a voto
  4. Domingo 19 de Febreiro: Envío a toda a militancia do Regulamento, a Orde do Día e os Relatorios para o Debate.

  5. Luns 20 de Febreiro - Mércores 8 de Marzo: Período para a reunión das asembleas de base para o debate dos relatorios e o envío de emendas aos mesmos.

  6. Xoves 9 e Venres 10 de Marzo: Dictame de emendas pola Comisión Redactora de Textos.

  7. Sábado 11 de Marzo: Envío da documentación a toda a militancia.

  8. Sábado 18 de Marzo: Plenario.