Pensamentos

O triunfo das revolucións derrotadas

Comezarei por non facer unha aproximación historicista ao 25 de abril. Prefiro a política e o afecto. Para nós, os galegos de esquerda, así é irremediablemente. Porque levamos a subalternidade cosida ao lombo coma unha cuncha de aceiro.

A represión e Resistencia Galega

As formas de represión adoptan múltiple rostros. Ás Marchas da Dignidade, que o pasado sábado 22 de marzo levaron a Madrid centos de milleiros de persoas enfrontadas ás políticas salvaxes e criminais da troika e dos seus monecos de ventriloquia, opuxéronlles antes de nada o silencio.

A Europa actual

A Europa actual aseméllase xa moito á de antes da Unión Europea. Parecía que se chegara a unha especie de uniformidade diluída, cunha Alemaña sen aspiracións de dominio e unha Rusia desaparecida do mapa e sen poder. Mais a Unión Europea foi sempre, desde o inicio, un proxecto de imperio no continente europeo dirixido polo poder hexemónico do noso tempo desde outro continente.

As esquerdas necesitan unha política europea común!

O Portavoz Nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, e mailo Coordinador Nacional, Martiño Noriega, participan esta fin de semana no Simposio Internacional Europa-Sin Permiso en Barcelona.

A nosa loita labrega: volver ao rural

O 17 de abril celebramos o Día Internacional da Loita Campesiña. Facémolo dende que a Vía Campesina, unha organización que amorea máis de 200 millóns de labregos e labregas do mundo –na que tamén está integrado o Sindicato Labrego Galego–, establecera este día en lembranza dos 18 camponeses asasinados durante unha marcha do MST en Eldorado dos Carajás (Brasil) en 1996.

As nove décadas de J. L.

Este artigo foi publicado no extinto xornal en galego Galicia Hoxe en febreiro de 2007. Unha versión anterior apareceu nun libro de homenaxe a José Luis Sampedro polo seu 90 aniversario. O autor quere rescatalo hoxe en lembranza a quen foi o seu mestre e amigo e mente lúcida contra os estragos do capitalismo neoliberal.

Exhortación á desobediencia

O texto corresponde á transcrición da alocución de Xosé Manuel Beiras na homenaxe que lle rendiron no Auditorio de Galiza o 17 do Nadal de 2011, feita, retocada e adaptada por el mesmo.

Fiestras

Nesta democracia de baixo perfil, que ás veces acredita en non representarnos, a concentración do dióxido de carbono está a facer irrespirable o aire que inspiramos provocando unha somnolencia de gravidade… con risco de dano vital irreparable no noso ser orgánico colectivo. Aínda así, nesta carreira acelerada de renuncias impulsadas por aqueles que non pasan polas urnas e aplicadas por aqueles que din non ter autonomía para non aplicalas, ábrense fiestras de esperanza.

O dereito dos pobos a decidirmos

O pacto constitucional está rompido por obra dos mesmos actores que foran os seus artífices hai un terzo de século, a soberanía "nacional" cedida á UE e o FMI, os inquilinos do aparello de estado manexados coma monecos de ventrílocuo polo poder imperial e os seus missi dominici, o poder xudicial a facer "mangas e capirotes" dos dereitos cidadáns á marxe de calquer control democrático, a xerarquía católica reinstalada no sectarismo inquisitorial da "cruzada", e o capital financeiro transnacional convirtido en bailleur de fonds dunha metamorfose do nazi-fascismo encarnado nunha ultradereita reacionária e xenófoba disfrazada de popular: a farsa tráxica está servida no "corral nublado" de Max Estrella.

A porta pechada

Andaba eu a remexer antonte, de madrugada, nunha vella cómoda arrombada no faio da nosa casa, na percura duns documentos hai tempo xa traspoleirados, mais que agora precisaba arrecadar.