Quen somos?

Que é Anova e como se organiza. Se queres coñecer os nosos estatutos e teses política e organizativa vixentes consulta os textos da segunda asemblea nacional.

Comisión Permanente

Composición da Comisión Permanente aprobada na constitución da Coordinadora Nacional logo da II Asemblea, o 1 de novembro de 2014:

Coordinadora Nacional

A Coordinadora Nacional está fomada por 75 persoas escolleitas directamente na II Asemblea Nacional, ás que se engadirán representantes das áreas territoriais.

Sede Nacional

A Sede Nacional provisoria está emprazada en: Rúa Galeras, 17. Segundo andar. Compostela. 

Tel.: 981 563 868

Entra para ver o mapa de localización.

Como afiliarse a Anova

  1. Unha vez cuberta a ficha de afiliación envíaa por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou entrégaa á Coordinadora da túa localidade. A ficha ten formato pdf editábel e pode enviarse premendo no botón correspondente.
  2. Unha vez recibida a ficha poñeranse en contacto contigo a xente de Anova da túa comarca.

FICHA DE AFILIACIÓN. Podes baixar aquí a ficha de afiliación (trata de baixala ao teu ordenador e non cubrila no navegador) e enviala cuberta a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou, no seu caso, entregarlla na asemblea da túa localidade para que nola faga chegar. Graciñas. BAIXAR FICHA.

Que é Anova-Irmandade Nacionalista?

Persoas de diversa procedencia coincidimos na necesidade de recuperar a dignidade dunha acción política baseada na radicalidade democrática; nos principios republicanos de igualdade, liberdade, fraternidade e laicidade; na conciencia sobre os límites ecolóxicos do planeta; na loita contra calquera caste de discriminación; na permanente fiscalización por parte da cidadanía dos elixidos e elixidas e en que a orientación das políticas, en todos os ámbitos, deberá sempre estar presidida pola defensa do benestar das maiorías sociais e a defensa das minorías oprimidas, en definitiva, na procura do ben común.