17 de Agosto de 2025

Como cada 17 de agosto, conmemórase o Día da Galiza Mártir en memoria do político e intelectual Alexandre Bóveda, fusilado nesa data do ano 1936 polo seu activismo político en defensa da nosa terra e dos dereitos e liberdades dos galegos e galegas.

Novamente Anova, como vén sendo habitual, celebrará un acto de homenaxe e ofrenda floral, no que participarán o noso portavoz nacional, Martiño Noriega, e Xosé Manuel Beiras, e que terá lugar ás 13:00 horas do vindeiro día 17 de agosto no Cemiterio Municipal de San Amaro de Pontevedra, diante do cadaleito de Alexandre Bóveda, para honrar a aqueles mártires galegos que foron asasinados pola defensa da súa patria, as súas xentes e os seus ideais. 

Posteriormente, ás 14:30 horas organizaremos un xantarde confraternización dos compañeiros e compañeiras de Anovaque se realizará no restaurante A de Paco, Lugar a Igrexa, 34, 36143 Pontevedra


MENÚ: 35€

Primeiros: – Peixiños da ría fritidos – Tomates de horta propia – Luras rebozadas

Segundo (a escoller) -Linguado á prancha  /ou – Entrecosto á prancha

Sobremesas caseiras

Bebidas, café e chupiños

Con posibilidade de adaptarse o caso de existir intolerancias ou preferencias por opcións veganas ou vexetarianas.

PREZO: 35 euros, que deberán aboarse en efectivo o propio día do xantar antes do seu comezo á Responsable de Organización. 

PRAZO LÍMITE PARA ANOTARTE AO XANTAR:
ata o MARTES 12 de agosto ás 23:59 h.

PODES INSCRIBIRTE NO SEGUINTE FORMULARIO: