Diplomacia, Autonomía e Defensa do Territorio Diante do alarmante contexto europeo, marcado polas esixencias dun incremento exponencial dos gastos militares proposto pola Comisión Europea (800.000 millóns de euros) e secundado por boa parte dos gobernos, entre eles o español, en claro cumprimento das directrices da OTAN e dos Estados Unidos, Anova quere manifestar que: Berramos […] Ler máis
O 11 de outubro de 2024 o Instituto Galego de Estatística fixo público o seu informe sobre uso e coñecemento do galego onde puña de manifesto que, por primeira vez na historia do país, o español é a lingua máis falada. As persoas que falan só galego ou máis galego que castelán en Galiza constitúen […] Ler máis
Vivimos tempos extraordinarios, tempos que nos obrigan a tomar partido e non permanecer alleos ante os grandes cambios aos que asistimos e as súas posibles consecuencias para a clase traballadora galega. Este 25 de Xullo construír a república galega impón a tarefa de pensarmos a crise climática, o avance da ultradereita, a situación internacional ou […] Ler máis
Anova pon en valor os resultados de máis de 30 candidaturas municipalistas que terán a posibilidade de acadar Alcaldías ou condicionar gobernos de esquerda en varias localidades do país. A organización, que non concorrerá con candidatura propia aos comicios do 23 X, entende como necesario concentrar o voto na defensa da democracia, os nosos dereitos […] Ler máis
O Ministerio para a Transición Ecolóxica vén de facer público o decreto-lei polo que aproba o plan de ordenación do espazo marítimo (POEM) para a implantación de parques eólicos. Dos cinco mil quilómetros cadrados de zonas aprobadas, case a metade están situados fronte ás nosas costas, o que vai supoñer un impacto directo con múltiples […] Ler máis
O pasado martes 7 Manuel Martín, voceiro da Plataforma SOS Sanidade Pública, e o voceiro nacional de Anova Martiño Noriega mantiveron unha xuntanza de traballo e de intercambio de ideas de cara á manifestación na defensa da Atención Primaria convocada pola plataforma para o domingo 12 en Santiago de Compostela. Manuel Martín chamou á […] Ler máis
No mes de abril, o das revolucións democráticas ibéricas, da Fronte Popular e da II República, as mulleres e homes de Anova comezámolo cun debate interno asembleario no que reflexionamos sobre a situación política do noso país e da conxuntura xeral, para analizar o mellor xeito de organizarse, de cooperar e de sumar vontades para […] Ler máis
Asistimos a unha escalada militar no corazón de Europa. Ucraína leva cando menos unha década padecendo un conflito interno de notable envergadura, con episodios de violencia implacable. A rexión do Donbass é, de facto, territorio (pro)ruso mentres o resto do país está dirixido desde Kiev por un goberno pro-occidental que botou man de batallóns neonazis […] Ler máis
Anova respalda a convocatoria desta gran manifestación que será o sábado 5 de xuño ás 12:00h e fai un chamamento a unha mobilización masiva, seguindo ás organizacións convocantes, contra o modelo do espolio que pretende impoñer o goberno galego a través dun despregamento de parques eólicos en beneficio exclusivo do oligopolio eléctrico. Xa está ben de […] Ler máis
Saímos á rúa o 1 de maio de cada ano lembrando a loita da clase traballadora en defensa dos seus dereitos e sendo conscientes de que os avances en liberdades e dereitos sociais, laborais e democráticos só se acadan e preservan coa loita da clase obreira traballadora e das clases populares. Hoxe, máis ca nunca, […] Ler máis