Actualidade

Verificamos que os intereses dos partidos estiveron por riba dos intereses da xente do común. Anova non contribuirá nas eleccións estatais ao proceso de atomización da esquerda, xa que non foi posible garantir unha única papeleta do espazo de ruptura en Galicia. Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2019.- O pasado sábado 28 de […] Ler máis
Na Conferencia Política preasemblearia que tivo lugar hoxe en Santiago de Compostela, Anova reafirma o seu compromiso cunha aposta unitaria de ruptura co Réxime que sexa capaz de recoller todo o potencial transformador, unha aposta que sexa reflexo dun suxeito político galego como espazo de toma de decisións. Este espazo debe de contar con todos […] Ler máis
De nada servirán propostas de solución partidarias se non hai altura política para xerar unha verdadeira alternativa unitaria na esquerda, que garanta un goberno de progreso. A decepción na cidadanía é enorme, a decisión do PSOE deixa unha situación política perigosa na que o cansanzo e fastío cidadán pode orixinar un escenario que potencialmente pode […] Ler máis

Anova asistirá á celebración da Diada

A delegación de Anova ten previsto manter conversas con organizacións do espectro do republicanismo e do independentismo catalán de esquerdas, de cara a facer unha diagnose do momento político nas nosas respectivas nacións e analizar o momento que vive o Estado español. Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019.- Nun ano marcado pola inminencia […] Ler máis
Anova Bergondo entende que o cauce do Río Maior é un espazo de alto valor medio ambiental e que o plan especial pode supoñer un perigo de contaminación por vertidos ao río. Bergondo, 4 de setembro de 2019.- Anova Bergondo presentou alegacións ao Plan Especial senda fluvial do Río Maior.Dende Anova entendemos que hai tres […] Ler máis
Intervencións completas da concelleira do goberno de Teo e responsable de organización de Anova Iria Otero, e do noso Portavoz Nacional Antón Sánchez no 25 de xullo de 2019, onde o lema escollido por Anova foi “Pola República Galega”. Iria Otero defendeu manter os principios da Primavera Municipalista de 2015, momento no que os principais […] Ler máis
No ano 2018 só se concederon dúas axudas dende o Programa de Vivendas Baleiras, por un montante de 6986 euros, un 5,37% do orzamentado. Antón Sánchez denunciou o “fracaso absoluto” das políticas de vivenda da Xunta de Galicia, xa que fortalecen aos especuladores e desprotexen á cidadanía. A nosa alternativa sería “apostar por un parque […] Ler máis
O pasado 23 de xullo en Vigo, con motivo da celebración dos actos do 25 de xullo, tivo lugar o acto “Esquerda e República. Horizontes de ruptura en Galicia e Portugal”, na que falamos dos diferentes horizontes que existen tanto no noso país como en Portugal para a esquerda transformadora. Deixamos aquí os vídeos da […] Ler máis

Programa completo dos actos do 25 de xullo

Vigo. Martes 23 de xullo ás 20.30 horas, na Praza do Pobo Galego Palestra República e Esquerda: horizontes de ruptura en Galicia e Portugal Antón Sánchez, Portavoz Nacional de Anova Oriana Méndez, Concelleira da Marea de Vigo e membro da Permanente de Anova Joana Mortágua, Deputada do Bloco de Esquerda Martiño Noriega, Portavoz do Grupo […] Ler máis
Pola República Galega é o lema elixido este ano por Anova, que celebrará o seu acto central no compostelán Parque de Galeras no que intervirá o noso Portavoz Nacional Antón Sánchez. A novidade deste ano é que o martes 23 en Vigo terá lugar a palestra “Esquerda e República” na que intervirán a deputada do […] Ler máis