Carta Financeira marco

Por Anova IN o 17 de Agosto de 2013 en I Asemblea

A Carta Financeira marco de Anova-Irmandade Nacionalista foi aprobada na Iª Asemblea Nacional ordinaria, celebrada o 8 e 9 de xuño de 2013.

DOS RECURSOS DE ANOVA

  1. Anova, como movemento político organizado que quere preservar a súa independencia respectode calquera poder alleo, en consecuencia debe evitar tamén no posíbel a dependencia dosfondos derivados da representación institucional.
  2. O principal recurso de Anova–Irmandade Nacionalista é o traballo voluntario da afiliación esimpatizantes e os recursos económicos fundamentais deben ser as achegas dos homes emulleres que a compoñen e os derivados das actividades promocionais de Anova.
  3. As subvencións aos grupos municipais ou parlamentares en calquera ámbito adicaranse ao finpara o que son concedidos: posibilitar o funcionamento dos grupos e a relación destes coacidadanía. En ningún caso se poderán utilizar estes fondos de xeito discrecional.
  4. Respecto das remuneracións do traballo político nas institucións, e máis aló da opinión políticaque merezan as que se fixen pola administración respectiva para casos concretos, o criterio é quehai que remunerar o traballo político e, por parte de Anova, os cargos institucionais, recibirán omesmo que a remuneración que calquera outra persoa afiliada reciba polo seu traballo. Os cargosinstitucionais renunciarán ao “plus” dos altos cargos. A Coordinadora Nacional determinará encada caso a contía do que teñan que entregar á organización as persoas que desempreguencargos institucionais remunerados.
  5. Mentres continúe o sistema e contía actual de retribucións, concibido para facilitar afinanciamento dos partidos políticos, as deputadas e deputados no Parlamento Galego,continuarán contribuíndo con 1.000 € / mes á Anova – Irmandade Nacionalista. De variar o réximeeconómico será a Coordinadora Nacional a competente para realizar os axustes pertinentes.
  6. As cotas fixadas actualmente pola Coordinadora Nacional son só a de 1€/mes para as persoas sen ingresos e a de 3€/mes para quen ingresa o SMI, polo que cómpre que á volta da I Asemblea Nacional se fixe a cota para maiores tramos de renda.

DA ADMINISTRACIÓN, CONTROL E DISTRIBUCIÓN DOS FONDOS DE ANOVA

  1. Os recursos económicos de Anova – Irmandade Nacionalista serán administrados polaCoordinadora Nacional e polas asembleas locais no respectivo ámbito. A Coordinadora Nacionalefectuará a administración por medio da persoa comisionada de Finanzas – que exercerá o seucargo de xeito específico, sen outras encomendas – e as asembleas locais por medio da persoaresponsábel desa área.As contas de Anova-Irmandade Nacionalista serán mancomunadas e precisarán a sinatura decando menos dúas persoas para realizar operacións. Os informes económicos estarán a disposición da militancia.
  2. Para o control e fiscalización das contas, a CN designará catro persoas que non poderándesempeñar esa función en dous exercicios consecutivos.
  3. A contabilidade de Anova – Irmandade Nacionalista rexerase polo principio da caixa única, o quenon impide que dos recursos recados por cotas as sembleas de base dispoñan para o seufuncionamento do 50% do recadado no seu ámbito.
  4. Como norma xeral, as persoas que aporten traballo voluntario á Anova serán resarcidas dosgastos que esa actividade lle ocasione sempre que o traballo sexa consecuencia da encomendadun órgano da organización política. Os gastos imputaranse aos fondo do ámbito a quecorresponda, local ou nacional.
  5. A Coordinadora Nacional, despois do correspondente debate nas asembleas, estabelecerá ascotas que deben de abonar as persoas, en función dos seus ingresos.
  6. Toda persoa afiliada a Anova terá dereito a coñecer os datos informativos de resultados ebalance da xestión económica. A tal efecto, e con carácter mínimo semestral, remitirase unresumo comprensivo dos mesmos a cada persoa afiliada.
  7. No Informe de Xestión da Coordinadora Nacional, a presentar en cada Asemblea Nacional,deberá figurar un apartado específico e diferenciado relativo á xestión económica de Anova, cosuficiente nivel de detalle de ingresos e gastos.

Santiago de Compostela, 8 e 9 de xuño de 2013.