“A cidadanía sempre remata por derribar aos tiranos”. Beiras no debate do estado da nación 2013

Por Anova IN o 15 de Outubro de 2013 en Institucións, Video

Xosé Manuel Beiras recriminou a Feijóo que están a desvirtuar o Parlamento, porque “pretenden que a cidadanía pense que os políticos somos iguais e que o Parlamento non vale para nada, pois esa é a vía para mudar a un réxime totalitario”.

Beiras debullou os problemas de Galiza, unha “nación” con dereitos cívicos, e acusou ao “Partido Parasitario” do “exterminio económico, social, cultural e ambiental do noso País”.

Sinalou ademais que a alternativa pasa pola “cidadanía galega mobilizada e ben artellada que será o motor dunha creba democrática, en solidariedade cos demais pobos do ámbito peninsular”, e rematou cun “venceremos NÓS!”.