A nosa alternativa ás políticas agresoras do PP: resolucións para o debate do estado da nación 2013

Por Anova IN o 16 de Outubro de 2013 en Institucións

Alternativa Galega de Esquerda expón nas resolucións do debate do estado da nación a súa alternativa as políticas agresoras do PP. AGE rexistrou esta mañá, 16 de outubro, ás súas propostas de resolución no debate do estado da nación.

Nelas, o grupo parlamentar vertebra a súa alternativa ao Goberno do Partido Popular e ás súas políticas austericidas e agresoras coa cidadanía do común.