Hoxe Anova afronta unha xornada cun enorme exercicio de democracia interna.
1092 persoas teñen dereito a voto nas 33 mesas electorais do País.
As votacións desenvolveranse dende as 12 h ás 21 h de hoxe, 23 de febreiro de 2014, e o escrutinio global, que será público, realizarase en Gondomar, no local de Anova (r/Párroc Mariño Ferro – nº 19).
Ao centro electoral de Gondomar, onde están expostos os censos de todas as mesas electorais, comezarán a chegar os datos dende as 21 h, e alí tamén se recontará o voto electrónico emitido pola militancia da Diáspora.
En canto se dispoña dos resultados globais, penduraranse da páxina web de Anova e enviaranse á militancia.