Antón Sánchez: «A Lei de Depredación de Galiza vale para legalizar a corrupción dos ladróns de luvas brancas»

Por Anova IN o 28 de Setembro de 2017 en Actualidade, Institucións, Video

Antón Sánchez: «Non é unha lei, é unha infame concesión colonial que entrega os nosos recursos naturais ás empresas mineiras e eléctricas. Unha trampa para erradicar toda garantía ambiental que limite beneficios. Favorece a depredación de recursos. Feijóo fixo da Xunta de Galicia un Consello de Administración. O único retorno que terá está lei será que as corporacións mineiras reservarán algúns postos nos seus consellos de administración para cando se retiren dirixentes e conselleiros do Partido Popular».