Anova solidaria co pobo saharauí

Por Anova IN o 6 de Novembro de 2017 en Acción social, Actualidade

Unha delegación de Anova encabezada polo noso Portavoz Nacional, Antón Sánchez, mantivo unha xuntanza con Saad El Mami, o novo representante da Delegación Saharaui para Galicia, na que estiveron presentes membros de SOGAPS (Solidariedade Galega co Pobo Saharaui).

Saad El Mami informou de primeira man sobre as graves consecuencias da ocupación de Marrocos do Sahara Occidental, e dos impedimentos que se están a poñer para que diferentes observadores internacionais poidan coñecer sobre o terreo a situación do seu pobo.