Intervencións de Martiño Noriega, Lara Rodríguez e Antón Sánchez na clausura da nosa Conferencia Política

Por Anova IN o 17 de Febreiro de 2018 en Mediateca, Video

«A unidade e a xenerosidade son fundamentais para que o PP sufra unha severa derrota en 2019», afirmou Antón Sánchez na Conferencia Política Nacional de Anova. Entendemos que as lóxicas de coalición e de parte debilitan o espazo de unidade. O protagonismo é o do espazo unitario das mareas municipais. Debe ser a xente das mareas municipais quen decida, non os partidos.