Antón Sanchez clausura a Convención sobre política municipal

Por Anova IN o 12 de Maio de 2018 en Mediateca

O discurso do Portavoz Nacional Antón Sánchez estivo centrado na necesidade de activar Anova para fortalecer ás mareas municipalistas. Defendeu a cooperación de abaixo a arriba para xerar espazos políticos cidadáns con decisión propios, respectando a soberanía das iniciativas locais, potenciándoas como instrumentos de empoderamento cidadá, como lugares de encontro do maior número de axentes políticos, sociais e cidadáns, coa maior amplitude e pluralidade sumar a todos aqueles que queren e están dispostos a traballar para lograr a derrota política da dereita no seu concello.