Onte na Coordinadora Nacional de Anova debatemos sobre a situación que vive neste momento En Marea, onde a actuación irresponsable da actual Coordinadora en funcións causou danos irreparables ao noso espazo político.
Diante da chantaxe á que nos vemos sometidos por este estado de excepción no que os organismos en funcións suplantan os acordos do Plenario do 27 de outubro, dende Anova entendemos que debemos manter a candidatura Entre Todas neste proceso interno para convertelo nun revogatorio contra a Coordinadora de Luís Villares.
Neste contexto faise necesario relanzar a Unidade Popular contando con aqueles continxentes que actúan nos diferentes espazos que compartimos, dándolle protagonismo ás mareas municipalistas e reinventado o espazo común.