Anova A Coruña quere manifestar o seu total apoio á concelleira de Participación e Innovación Democrática, Claudia Delso, e á Marea Atlántica despois de coñecer a citación á primeira para acudir a declarar ao xulgado o vindeiro 1 de Marzo polo proceso de apertura do antigo cárcere provincial.

A Coruña, 24 de xaneiro de 2019.- Asistimos a outra cruzada do Partido Popular contra o novo modelo de cidade que se está a implantar na Coruña. O mesmo PP que nunca aceptou a súa derrota en maio de 2015 e que segue considerando a cidade como da súa exclusiva propiedade. Vemos como constantemente pretenden xudicializar as políticas públicas levadas a cabo polos gobernos de Unidade Popular que antepoñen o interese xeral e o empoderamento cidadá aos beneficios das elites oligárquicas.
Dende o comezo, o PP atacou o procedemento de cesión da prisión, realizado mediante concurso restrinxido a entidades sen ánimo de lucro para converter un lugar de represión e persecución nun espazo de memoria e dignidade democrática e de experimentación
No fondo o que está en disputa son dúas formas de entender a cidade. O PP busca a persecución de todo modelo alternativo aos mantras reaccionarios, a especulación e a venda dos terreos a investidores privados, igual que está a facer ao respecto do Bordo Litoral. Fronte a iso, A Coruña leva tres anos pulando por unha cidade pensada por e para a xente do común, que abre a toma de decisións á cidadanía e que pon a defensa dos dereitos do colectivo por riba da sede incesante do gran capital.
Agardamos que a declaración no xulgado sirvan para aclarar todas as dúbidas que poidan existir e rematar coas graves acusacións sen fundamento do Partido Popular, que pretende establecer na opinión pública, vía xulgado que todos somos igual a eles, o partido da corrupción e o latrocinio organizado. Porén, sabemos que non é así, e que un proceso de concorrencia competitiva sen posibilidade de acceder a contraprestació
Reiteramos pois a nosa solidariedade coa concelleira Claudia Delso e a Marea Atlántica, á vez que estamos convencidas do rápido arquivo das investigacións.
Seguimos adiante, en Unidade e contra a mafia.
Anova A Coruña.