Antón Sánchez anima a votar a Alternativa Veciñal en Carballiño porque “é garantía de defensa da remunicipalización e políticas públicas para a veciñanza”

Por Anova IN o 22 de Maio de 2019 en Actualidade, Comunicados

O candidato á alcaldía por Alternativa Veciñal, Bernardo García, sinalou que “no ano 2021 caduca o suministro da auga e a depuración xestiónaa unha empresa privada. Nós apostamos pola recuperación do servizo para as mans públicas”

O Carballiño, 22 de maio de 2019. O portavoz nacional de Anova-IN, Antón Sanchez, participou esta mañá nunha rolda de prensa na praza maior de Carballiño xunto ao candidato á alcaldía de Alternativa Veciñal, Bernardo García, para salientar a alternativa de unidade que supón unha candidatura formada por Anova, Podemos, EU e persoas do municipio.

A alternativa a un PP corrupto non pode ser a outra pata, o PSOE

Antón Sánchez expresou o “orgullo por estar no Carballiño apoiando a Alternativa Veciñal porque é unha forza que coincide coa nosa aposta pola unidade popular, que xente diversa se xunte en torno a proxectos comúns. É un orgullo que haxa por todo o país alternativas cidadás como esta que priman os problemas da xente”. A continuación, puxo de manifesto que “no contexto actual no que o PP de Galicia estase a afundir, é un partido corrupto, que non ofrece alternativas de futuro, cremos que a alternativa a ese marco non pode ser a outra pata do réxime, o PSOE”. Lembrou que o PSOE coincidiu no fundamental co PP, coincidiu na reforma constitucional para pagarlle a débeda aos bancos, coincidiu nas reformas laboráis e na aposta pola privatización polos servizos públicos, que foi un dos focos de corrupción deste país”.

Recuperar os servizos: remunicipalizar e rematar cos negocios

O portavoz nacional de Anova afirmou que “os contratos de servizos públicos á iniciativa privada serviron para enriquecer a unhas cantas empresas a costa de prexucidar á poboación. Chegamos a estremos nos que os concellos non teñen nin instrumentos nin capacidade de controlar que esas empresas dean un bon servizo. Quitaron o poder á xente. É unha seña de identidade nosa a aposta por remunicipalizar os servizos para que a cidadanía teña o poder en aras a recibir unha maior calidade, con prezos xustos e mellores servizos e máis transparentes”.
Rematou diciendo que o futuro pasa pola democracia participativa. Animou a apoiar a Alternativa Veciñal para que poidan condicionar as políticas en aras a poñelas ao servizo da veciñanza. A Alternativa Veciñal é garantía de cambio de políticas.

Bernardo García: defendemos a recuperación da xestión pública da depuradora

Nas súas declaracións aos medios, Bernardo García, resaltou a defensa do público que nos “caracterizou nestes catro anos”. Neste sentido, explicou que precisamente “no ano 2021 caduca o suministro da auga e a depuración xestiónaa unha empresa privada. Nós apostamos que se recupere ese servizo para as mans públicas como foi aprobado nunha moción que presentamos a comezos do ano. Recuperar todos os servizos”. Subliñou que esta coalición defende o sector maioritario da poboación porque recuperando os servizos aforramos diñeiro”. Puxe de exemplo ao concello de Teo que practicou unha experiencia así de remunicipalización.

Ademáis, do aforro económico para as arcas municipais, Bernardo García, enfatizou que suporía melloras laboráis porque o personal que se contrate estará en condicións dignas.