Diante as informacións publicadas, Anova aclara que Fernán Vello non figura como proposta a senador de designación autonómica

Por Anova IN o 7 de Xuño de 2019 en Actualidade, Comunicados

Anova aposta polo diálogo e o entendemento como o mellor instrumento para acadar un consenso en torno á proposta de senador de designación autonómica

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2019. Anova IN aclara mediante este comunicado, e diante das distintas informacións que se veñen publicando nos medios de comunicación nestes últimos días, que o nome do ex deputado en Cortes e mebro da Coordenadora de Anova, Miguel Anxo Fernán Vello, non figura nas propostas que están enriba da mesa para senador de designación autonómica.
Feita esta aclaración, Anova manifesta que está “na súa vontade contribuir ao consenso e ao entendemento apostando polo diálogo como o mellor instrumento para acadar un acordo en relación á designación de senador ou senadora autonómica”.

En liña co expresado polo portavoz nacional de Anova, Antón Sánchez, en rolda de prensa, “é preciso traballarmos partindo da base da reflexión, do diálogo e do pensamento sen a constante mediatización das diferentes cuestións, feitos ou problemas que poidan platexarse, procurando solucións através das fórmulas dialogadas e evitando ruidos innecesarios”. Nesta liña sitúase Anova “sempre con ánimo construtivo e positivo”.