Vídeo | Xa están dispoñibles as intervencións do acto «Esquerda e República»

Por Anova IN o 14 de Agosto de 2019 en Actualidade, Destaques, Mediateca

O pasado 23 de xullo en Vigo, con motivo da celebración dos actos do 25 de xullo, tivo lugar o acto “Esquerda e República. Horizontes de ruptura en Galicia e Portugal”, na que falamos dos diferentes horizontes que existen tanto no noso país como en Portugal para a esquerda transformadora. Deixamos aquí os vídeos da xornada para que poidades ver de novo as intervencións dese día.

 

A nosa compañeira Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo, abriu o acto dándolle a benvida aos asistentes e lembrándonos o exemplo da cidade na loita obreira antifranquista coa folga do ano 1972.

O noso compañeiro Martiño Noriega, portavoz do Grupo Municipal de Compostela Aberta, fixo balance dos últimos catro anos e lembrou a necesidade para a xente do común da aposta pola Unidade Popular.

Contamos neste día coa presenza da deputada do Bloco de Esquerdas Joana Mortágua, que valorou a experiencia dos últimos anos de goberno en Portugal e falounos das eleccións nacionais que terán lugar en outubro.

Pechou este acto o noso Portavoz Nacional Antón Sánchez, que lembrou a vixencia da aposta estratéxica de Anova, e a necesidade de disputar hexemonías e abrir novos horizontes de cambio no futuro inmediato