Opinión

Dende que lin no libro de Xoan Carlos Carreira ‘Calín’ O pequeno e grande: A agricultura familiar: unha alternativa, que Galiza presentaba unha balanza alimentaria negativa de preto de 1000 millóns de euros anuais estou sorprendido de que este feito non ocupe espazo no debate político en Galiza, e que as políticas agrarias non xiren ao redor […] Ler máis

Son un rastrexador e non o sabía

Na impunidade do dito ou feito por Feijóo e os seus conselleiros emerxen monstros.

Ocupación e vivenda: a batalla do relato

Vexo, escoito e leo, sobre todo nos medios de comunicación públicos e “concertados” e secundada pola dereita deste país, unha intensa campaña alarmista, sobre o fenómeno da ocupación. Ata se atreven a poñer o berro no ceo pola ocupación dun edificio da SAREB, ese instrumento utilizado para salvar as aventuras inmobiliarias dos bancos con diñeiro de todas […] Ler máis
Os partidos á esquerda do PSOE sufriron unha derrota nas eleccións do 26 de maio. Era unha crónica anunciada desde que se produciu a implosión de Podemos, de Agora Madrid e doutras mareas e coalicións en diferentes cidades e territorios. Foi máis dramática aínda porque a ocasión era inmellorable para manter o goberno de grandes […] Ler máis

Impresións con En Marea sobre fondo de crise orgánica

Empecemos polo obvio. O capitalismo é un sistema profundamente inxusto e cruel alicerzado na idea de que a mercantilización absoluta da existencia é a maior expresión da liberdade humana só porque produce lucro. A idea de que a inmensa maioría xere sacrificadamente a desmedida riqueza dunha inmensa minoría aceptámola como natural porque repousa nunha rede […] Ler máis
A economía do espolio vai acompañada sempre dun intenso tráfico de favores e dun opaco réxime de impunidade. Ese é o ecosistema no que medran os beneficios da maioría das explotacións mineiras que operan en Galiza: espolio, trato de favor e impunidade. Para legalizar a economía da depredación dos nosos recursos naturais, o Partido Popular […] Ler máis

O silencio e a submisión non derrotarán ao Estado autoritario

Sindicalistas perseguidos por reivindicar dereitos, rapeiros condenados polas súas cancións, artistas postos na picota por un pregón do Entroido, persoas presas por defender ideas políticas, todos eles, son casos que se multiplican nos últimos tempos. Valtonyc, La Insurgencia, Carlos e Serafín, Oriol Junqueras, Puigdemont, Anna Gabriel, Carlos Santiago, Emilio Cao… Un tras outro. Nas últimas […] Ler máis
Os desafiuzamentos e a negación do dereito ao acceso á vivenda de milleiros de persoas é estrutural, non conxuntural como pretende facer ver o goberno de Núñez Feijóo. É indignante que os santos custodios da Constitución desprecen a vivenda digna, un dos dereitos fundamentais recollidos no texto constitucional, nunca atendido polas políticas dos Gobernos dos partidos […] Ler máis

Autodeterminación é República

A lingua non é un obxecto aséptico. Ao contrario. Como fenómeno social, é un proceso constante de alteración sometido a toda clase de distorsións ambientais. Desde o punto de vista diacrónico, a lingua é inapreixable, imposible de captar na súa totalidade histórica. Desde un punto de vista sincrónico, porén, as palabras constrúen as poéticas do […] Ler máis

Non é só unha cuestión catalá

Fronte ao autoritarismo e a cegueira antidemocrática sumamos voces para mostrar a nosa solidariedade cun pobo que quere decidir o seu futuro. Para rachar un escenario mediático represivo. As ordes de prisión sen xuízo contra os membros do Govern e dirixentes da ANC e Òmnium son propias dun Estado de excepción. O presidente do Consello […] Ler máis