Infórmaselle que os datos persoais que nos facilite voluntariamente, a través dos distintos formularios que poidamos crear na web, serán tratados por ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA, con domicilio en RÚA GALERAS 17 – 2º ANDAR, PORTA 2 15705 – SANTIAGO DE COMPOSTELA (A CORUÑA), que cumpre coas medidas de seguridade esixidas na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. A finalidade do devandito tratamento é a descrita en cada un dos formularios establecidos na páxina web no que Vostede nos facilitou os seus datos.
Os datos facilitados non serán cedidos a terceiros salvo nos casos nos que exista unha obriga legal, e conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa solicitude a condición de que non nos indique o contrario exercendo o seu dereito de cancelación, ou durante o tempo necesario para cumprir coas obrigas legais.
ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA non elaborará ningún tipo de “perfil”, en base á información facilitada. Non se tomarán decisións automatizadas en base a perfís.
Así mesmo, ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA cancelará ou rectificará os datos cando resulten inexactos, incompletos ou deixasen de ser necesarios para a súa finalidade, de conformidade co previsto na lexislación vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal.
Mentres non nos comunique o contrario, entenderemos que os seus datos non foron modificados, que vostede se compromete a notificarnos calquera variación e que temos o consentimento para utilizalos a fin de poder fidelizar a relación entre as partes.
A persoa usuaria poderá exercer os dereitos de acceso, rectificación, cancelación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade de datos e a non ser obxecto de decisións individualizadas, automatizadas, en relación cos datos obxecto do tratamento, ante a persoa responsable do tratamento no enderezo anteriormente mencionado, ou por enderezo electrónico a organizacion@anova.gal, ou directamente ante o delegado de protección de datos. No caso de que non obtivese satisfacción no exercicio dos seus dereitos, poderá presentar unha reclamación ante a Autoridade de Control en materia de Protección de Datos competente.
ANOVA IRMANDADE NACIONALISTA adopta as medidas técnicas, organizativas e de seguridade correspondentes segundo a normativa vixente en materia de Protección de Datos de Carácter Persoal. Con todo, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros da persoa usuaria.
De acordo co que establece a Lei 34/2002, de Servizos da Sociedade da Información e o Comercio Electrónico, no seu artigo 21, solicitamos o seu consentimento para poder realizar comunicacións publicitarias que consideremos poidan ser do seu interese, por correo electrónico ou por calquera outro medio de comunicación electrónica equivalente.