
Xosé Mexuto, director de Sermos Galiza, fala con Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova. Eis un avanzo da conversa.

Xosé Mexuto, director de Sermos Galiza, fala con Antón Sánchez, portavoz nacional de Anova. Eis un avanzo da conversa.

Unha delegación de Anova, encabezada polo seu Portavoz Nacional Antón Sánchez, achegarase esta fin de semana a Barcelona para facer seguimento da xornada do 1 de outubro. Anova quere ser testemuña do respecto que as institucións do Estado lle deben á decisión soberana dos cidadáns e cidadás de Cataluña.
A presenza da delegación de Anova quere contribuír a suspensión do actual Estado de excepción que o executivo de Mariano Rajoy está impoñendo xunto coa aplicación de feito o artigo 155 da Constitución mediante a supresión de boa parte das competencias do autogoberno catalá e a utilización das forzas de seguridade para impedir a celebración do referendo.
Anova estará presente en Cataluña para manifestar o seu apoio ao dereito a decidir do pobo catalán, democraticamente vulnerado pola represión e a xudicialización do desacordo político.
A presenza solidaria de Anova quere ser unha denuncia da aplicación sectaria da leis e da violación de dereitos fundamentais. Suspéndese o dereito de reunión, impedindo a celebración de actos en locais públicos. Entorpécese a liberdade de expresión, forzando rexistros en imprentas e redaccións de medios de comunicación. Amedréntrase os cidadáns e cidadás cun despregue desproporcionado de forzas policiais para evitar a libre expresión da súa vontade política.
O executivo de Mariano Rajoy alenta unha estratexia autoritaria, fomenta o medo e impón policialmente o silencio da sociedade catalá. Os conflitos políticos resólvense con máis democracia, non con autoritarismo. Retirando urnas, coartando a liberdade de expresión e información ou impedindo a participación proscríbese toda solución política e imponse un estado de excepción que supón unha inaceptable suspensión os dereitos e liberdade democráticas.
Anova desexa que a xornada do 1 de outubro se poida desenvolver con absoluta normalidade democrática e que as institucións do Estado respecten a vontade política do pobo catalán. A delegación de Anova quere ser testemuña do respecto que se debe á decisión soberana dos cidadáns e cidadás de Cataluña

Asegura que a traxedia da esquerda actual é a confrontación co inimigo equivocado. Aos seus 81 anos, Beiras (Compostela, 1936) dise «desencantado», algo inverosímil no catedrático de economía rebelde e indignado que segue sendo un dos principais referentes da esquerda e o nacionalismo galego. » Seguir lendo.