Antón Sánchez pregúntalle ao vicepresidente da Xunta se a balsa de Monte Neme é o modelo do PP para Galiza, o seu xeito de conseguir que as grandes empresas extraer a riqueza, deixar aquí os efectos ambientais negativos e logo marchar cos beneficios a outra parte.
Medio ambiente
Antón Sánchez: «A Lei de Depredación de Galiza vale para legalizar a corrupción dos ladróns de luvas brancas»
Antón Sánchez: «Non é unha lei, é unha infame concesión colonial que entrega os nosos recursos naturais ás empresas mineiras e eléctricas. Unha trampa para erradicar toda garantía ambiental que limite beneficios. Favorece a depredación de recursos. Feijóo fixo da Xunta de Galicia un Consello de Administración. O único retorno que terá está lei será que as corporacións mineiras reservarán algúns postos nos seus consellos de administración para cando se retiren dirixentes e conselleiros do Partido Popular».