Antón Sánchez: “A Lei de Medidas Fiscais é unha gran camuflaxe da incompetencia do autotitulado Goberno dos bos xestores de Feijóo. Un pano de fume fiscal. Resúmese en exencións para quen queira depredar, e dificultades para quen quere producir”.
Orzamentos
Antón Sánchez: «A Lei de Acompañamento busca engordar patrimonios privados a conta de recursos públicos»
O vicevoceiro de En Marea no Parlamento de Galiza, Antón Sánchez, sinalou: «É unha lei de fraudes, contabilidade cosmética e fracasos, a Lei de Acompañamento caníbal do PP só busca crear un mercado onde se enriquezan amigos políticos e comisionistas agradecidos. Así engordan patrimonios privados a conta dos recursos públicos. Entregan o monte ao capital máis voraz. Engordan a industria do lume. Non se cansan de poñerlle alfombras vermellas a empresas de destrución coma ENCE e elas non se cansan de engraxarlles as portas rotatorias»