Comisión Permanente aprobada logo da II Asemblea

Composición da Comisión Permanente aprobada na constitución da Coordinadora Nacional logo da II Asemblea, o 1 de novembro de 2014:

Tal e como mandan os textos aprobados na II AN, a primeira encomenda da Coordinadora Nacional na súa sesión constitutiva, o 1 de novembro de 2014, foi a escolleita dunha nova Comisión Permanente, que adquire un novo deseño no que a meirande parte de áreas de traballo e responsabilidade serán colexiadas ou compartidas, pretendendo así implicar a máis persoas na coordinación da organización.

A propia Coordinadora Nacional, coa creación de grupos de traballo, asumirá a dirección política colexiada, delegando na Comisión Permanente a execución das súas decisións. Deste xeito, establécense áreas estratéxicas amplas de responsabilidade compartida na Comisión Permanente, como a Portavocía, a Coordinación, Organización, as Relacións Sociopolíticas, etc, en ocasións mancomunadas ou conectadas con outras áreas para ter máis operatividade e corresponsabilidade.

Por outra banda, será a Coordinadora Nacional, como máximo órgano de dirección política, a que cree grupos de traballo sectoriais (medio rural, pesca, enerxía e economía, ambiente, política municipal, ensino, sanidade…) para nutrir de propostas e alternativas políticas á organización en colaboración coas asembleas de base.

A composición da nova Comisión Permanente foi aprobada por 71 votos a favor, ningún en contra e 1 abstención. Estará formada por 21 persoas coa seguinte distribución de áreas estratéxicas:

  1. Portavocía: Xosé Manuel Beiras / Martiño Noriega
  2. Relacións Sociopolíticas (mancomunado coa Portavocía): Raúl Asegurado / Xiana López Penedo
  3. Coordinación: Antón Sánchez / Brais Fidalgo
  4. Relacións Institucionais; municipal/AGE/AGEe (mancomunado con Coordinación): David Carballal / Cristina Amor
  5. Organización: Esther Duro / Rafael Dopico
  6. Finanzas (mancomunado con Organización): Iria Otero
  7. Comunicación: Manoel Santos
  8. Cultura e lingua: Antón Dobao / Xabier Xil
  9. Feminismo: Tania Bouzo / Marga López
  10. Mocidade: Daniel Conde / Antía Comesaña
  11. Sustentabilidade: Pilar Barros / Sandra Pesqueira
  12. Formación: Uxío Novo

II Asemblea: Anova constitúe os seus novos órganos de coordinación política de xeito colexiado

A nova Coordinadora Nacional, emanada da II Asemblea Nacional, reuniuse hoxe no hotel Congreso de Teo para comezar a súa nova andaina cun novo deseño.

A Coordinadora Nacional de Anova-IN, constituída de xeito paritario por 75 persoas na II Asemblea Nacional –amais doutras escolleitas como representantes territoriais– tomou hoxe posesión como máximo órgano de coordinación política da organización.

Tal e como mandan os textos aprobados na II AN, a primeira encomenda foi a escolleita dunha nova Comisión Permanente, que adquire un novo deseño no que a meirande parte de áreas de traballo e responsabilidade serán colexiadas ou compartidas, pretendendo así implicar a máis persoas na coordinación da organización.

A propia Coordinadora Nacional, coa creación de grupos de traballo, asumirá a dirección política colexiada, delegando na Comisión Permanente a execución das súas decisións. Deste xeito, establécense áreas estratéxicas amplas de responsabilidade compartida na Comisión Permanente, como a Portavocía, a Coordinación, Organización, as Relacións Sociopolíticas, etc, en ocasións mancomunadas ou conectadas con outras áreas para ter máis operatividade e corresponsabilidade.

Por outra banda, será a Coordinadora Nacional, como máximo órgano de dirección política, a que cree grupos de traballo sectoriais (medio rural, pesca, enerxía e economía, ambiente, política municipal, ensino, sanidade…) para nutrir de propostas e alternativas políticas á organización en colaboración coas asembleas de base.

A composición da nova Comisión Permanente foi aprobada por 71 votos a favor, ningún en contra e 1 abstención. Estará formada por 21 persoas coa seguinte distribución de áreas estratéxicas:

  1. Portavocía: Xosé Manuel Beiras / Martiño Noriega
  2. Relacións Sociopolíticas (mancomunado coa Portavocía): Raúl Asegurado / Xiana López Penedo
  3. Coordinación: Antón Sánchez / Brais Fidalgo
  4. Relacións Institucionais; municipal/AGE/AGEe (mancomunado con Coordinación): David Carballal / Cristina Amor
  5. Organización: Esther Duro / Rafael Dopico
  6. Finanzas (mancomunado con Organización): Iria Otero
  7. Comunicación: Manoel Santos
  8. Cultura e lingua: Antón Dobao / Xabier Xil
  9. Feminismo: Tania Bouzo / Marga López
  10. Mocidade: Daniel Conde / Antía Comesaña
  11. Sustentabilidade: Pilar Barros / Sandra Pesqueira
  12. Formación: Uxío Novo

Resolucións aprobadas na II Asemblea Nacional de Anova-IN

Propostas de resolución sobre os tratados de libre comercio, a protección dos animais, as Marchas da Dignidade, o patriarcado, a LOMCE e a campaña BDS, todas aprobadas por aclamación na II Asemblea Nacional de Anova –IN, durante o plenario do 12 de outubro de 2014.

TTIP e CETA

Anova-Irmandade Nacionalista é consciente das graves consecuencias que sobre o noso país e as clases traballadoras suporá a sinatura do Tratado Transatlántico de Comercio e Inversións (TTIP) entre os Estados Unidos e a Unión Europea. É por isto que se opón frontalmente á aprobación destes acordos, nomeadamente o TTIP e o CETA, e fará todo o que estea nas súas mans para divulgar e espallar as consecuencias negativas que estes terán sobre os sectores públicos e os dereitos sociais das persoas, fundamentais para o conxunto da sociedade.

Do mesmo xeito, Anova-Irmandade Nacionalista promoverá grupos e accións de denuncia para conseguir que a cidadanía tome conciencia deste grave ataque aos seus dereitos e apoiará todas as iniciativas que informen e organicen á cidadanía para defenderse desta nova agresión, de igual xeito que levará adiante todas as accións que estean na súa man para, xunto a cidadanía e pobos de Europa, conseguir que non se leve a termo esta negociación opaca, antidemocrática e de obxectivos claramente espoliadores dos nosos dereitos, bens e recursos.

Protección dos animais

A II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista comprométese na reivindicación das políticas públicas de defensa e protección dos animais, considerando que as diferentes administracións e organismos de Galiza teñen a obriga moral e legal de atallar o maltrato e a crueldade cara os seres vives.

A Asemblea Nacional de Anova comprométese a impulsar a abolición dos eventos tauromáquicos en Galiza e a suprimir calquera tipo de soporte ou subsidio a este entramado baseado na execución pública dun animal.

Marchas da dignidade

Anova participará activamente na mobilización que impulsan as Marchas da Dignidade. Esta mobilización contará cunha primeira expresión nas manifestacións convocadas para o próximo 6 de novembro, e rematará o 29 de novembro, na ocupación da Praza do Obradoiro de Compostela, no que pretende ser un novo pulso da maioría social agredida polas políticas neoliberais, contra os gobernos e a Troika, baixo o lema PAN, TRABALLO E TEITO. O 29 de novembro, ANOVA VAI!

Contra o patriarcado

Anova- Irmandade Nacionalista quere ter presente no peche desta II Asemblea Nacional ás mulleres asasinadas no noso país. Mulleres que desafiaron dunha maneira ou doutra a norma patriarcal perdendo a vida na súa loita pola liberdade. Para elas o noso recoñecemento, e o compromiso firme desta organización de loitas contra o Patriarcado até erradicar a violencia machista.

LOMCE

A II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista manifesta a súa frontal oposición á Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa (LOMCE) promovida polo Ministro de Educación do goberno español, José Ignacio Wert, que atenta contra o ensino público, que promove a recentralización do sistema educativo e a segregación por sexos nas escolas, que fomenta o uso do castelán en detrimento da lingua galega como lingua vehicular, que eleva a materia de relixión a un plano inadmisible nun Estado que se di laico e que, en definitiva supón un grave atentado contra o ensino público. A AN de Anova-IN manifesta tamén o seu apoio ás protestas e mobilizacións da comunidade educativa e dos colectivos estudantís contra esta lei.

BDS

A II Asemblea Nacional de Anova–Irmandade Nacionalista manifesta o seu inequívoco e radical apoio á iniciativa BDS (Boicot, Desinvestimentos e Sancións) a prol do boicoteo aos produtos israelís. E faino para denunciar o xenocidio planificado que o Estado Israelí executa contra o pobo palestino, ao que, desde Galiza, lle ofrecemos toda a NOSA solidariedade.

 

Textos definitivos da II Asemblea Nacional de Anova-IN

Os documentos presentes nesta publicación foron aprobados na II Asemblea Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista, cuxas sesións plenarias discorreron os días 11 e 12 de outubro de 2014 no Pazo de Congresos de Compostela baixo o lema: <em>”Coa nación na esquerda. Tecendo rede”</em>. Constitúen, xa que logo, as teses política, organizativa, estatutos e carta financeira vixentes na actualidade no seo da irmandade de Anova.

Teses política e organizativa, carta financeira e resolucións:

Descargar en formato libro
Descargar en formato follas soltas (para imprimir)

Calendario da II Asemblea Nacional

14 de Xuño (CN ordinaria)

  • Aprobación do Guión-Calendario
  • Aprobación do procedemento de elección da Comisión Redactora de Textos
  • Delegación na Comisión Permanente para redactar o Regulamento da Asemblea

15 de Xuño

Comunicación ao conxunto da militancia do aprobado na CN

16 de xuño ao 30 de xuño

Cada militante ou grupo de militantes pode facer chegar as súas aportacións para a redacción dos textos

1 de Xullo

A Permanente envía ao conxunto da militancia a proposta de Regulamento e as achegas da militancia ao debate

2 ao 10 de Xullo

Período de enmendas ao Regulamento, propostas para CRT e propostas para o lema da AN e o lugar de celebración do Plenario

12 de Xullo (CN extraordinaria)

Apróbase:

  • Regulamento asemblear
  • Composición da CRT
  • Lema da Asemblea
  • Lugar de celebración do plenario

13 de Xullo

Envíase a documentación aprobada ao conxunto da militancia

14 de Xullo ao 31 de Xullo

Elaboración da 1ª proposta de textos por parte da CRT

1 ao 3 de agosto

(continúa) Elaboración da 1ª proposta de textos por parte da CRT

4 de agosto

A CRT remite ao conxunto da militancia os textos eleborados e os votos particulares se os houber

5 ao 31 de agosto

Período de enmendas individuais: calquera militante (ou grupo de militantes) pode facer enmendas aos textos remitidos pola CRT

1 ao 3 de setembro

A CRT examina e dictamina as enmendas achegadas

4 de setembro

A CRT remite o dictame das enmendas ao conxunto de integrantes da CN

6 setembro (CN ordinaria)

A CN aproba:

  • Textos para o debate
  • Composición da Mesa da AN
  • Orde do Día do Plenario da AN
  • Censo definitivo de asembleístas

 7 de setembro

A documentación aprobada é remitida ao conxunto da militancia

8 ao 30 de setembro

  • Período de celebración de asembleas territoriais para o debate das enmendas, tanto as xa presentadas como outras novas. Para pasar ao pleno, as enmendas requerirán dun apoio mínimo fixado no regulamento asemblear
  • Período de presentación das candidaturas para os organismos

 4 de outubro

A CRT remite ao conxunto da militancia as enmendas que pasan ao plenario xunto co resto da documentación (candidaturas presentadas, etc)

11 e 12 de Outubro

PLENARIO DA II ASEMBLEA NACIONAL

 

Calendario para a participación

18 de agosto

Data límite para dar de alta novos/as afiliados/as que terán dereito a voto no plenario

19 ao 23 de agosto

A Permanente comproba e establece a relación de afiliados/as cond dereito a voto

24 de agosto

Comunicación individualizada a cada afiliado/a

25 de agosto ao 3 de setembro

Período de subsanación de erros e actualización de cotas

6 de setembro

Aprobación na CN do censo definitivo