Intervención de Antón Sánchez na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia o 7 de maio de 2020. Debate con Alberto Núñez Feijóo sobre a xestión da crise da Covid 19 en Galicia.
Réplica de Antón Sánchez neste debate.
Intervención de Antón Sánchez na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia o 7 de maio de 2020. Debate con Alberto Núñez Feijóo sobre a xestión da crise da Covid 19 en Galicia.
Réplica de Antón Sánchez neste debate.
Antón Sánchez trasladou as propostas de Galicia en Común – Anova Mareas na sesión da Deputación Permanente do mércores 29 de abril, na que comparecceron o Conselleiro de Facenda e a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da Xunta de Núñez Feijóo.
Primeira réplica de Antón Sánchez ao conselleiro de facenda. Deputación Permanente do Parlamento de Galicia.
Segunda réplica de Antón Sánchez ao conselleiro de Facenda.
Primeira réplica de Antón Sánchez á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. Deputación Permanente do Parlamento de Galicia.ntón Sánchez ao conselleiro de facenda.
Segunda réplica de Antón Sánchez á conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda na mesma sesión.
Comparecencia de Antón Sánchez na Deputación Permanente do 22 de maio do 2020. Réplica a Almuíña, Conselleiro de Sanidade no momento da crise da Covid 19.
Segunda comparecencia de Antón Sánchez na mesma sesión.
Antón Sánchez trasladou as propostas da coalición Galicia en Común – Anova Mareas na sesión da Deputación Permanente do xoves 26 de marzo de 2020. Esta foi a súa primeira réplica ao discurso de Alberto Núñez Feijóo.
Antón Sánchez replicou de novo ao presidente da Xunta de Galicia. Esta foi a súa segunda intervención.
Intervención completa do noso compañeiro Antón Sánchez, no debate do Estado da Nación de 2019.
Iria Otero defendeu manter os principios da Primavera Municipalista de 2015, momento no que os principais poderes económicos do país víronse ameazados por un proceso popular de empoderamento cidadá.
Na súa intervención o noso Portavoz Nacional Antón Sánchez afirmou que este goberno é unha emenda á totalidade a Galicia, e que por iso debemos iniciar o inicio do fin de Núñez Feijóo. Debemos facelo sen renuncia ao noso horizonte estratéxico, ese camiño que vai da autodeterminación cara a independencia: por iso a República Galega é a nosa aposta, e tomamos partido pola esquerda para transformar este país e para armar maiorías de cambio.
A nosa compañeira Oriana Méndez, concelleira da Marea de Vigo, abriu o acto dándolle a benvida aos asistentes e lembrándonos o exemplo da cidade na loita obreira antifranquista coa folga do ano 1972.
O noso compañeiro Martiño Noriega, portavoz do Grupo Municipal de Compostela Aberta, fixo balance dos últimos catro anos e lembrou a necesidade para a xente do común da aposta pola Unidade Popular.
Contamos neste día coa presenza da deputada do Bloco de Esquerdas Joana Mortágua, que valorou a experiencia dos últimos anos de goberno en Portugal e falounos das eleccións nacionais que terán lugar en outubro.
Pechou este acto o noso Portavoz Nacional Antón Sánchez, que lembrou a vixencia da aposta estratéxica de Anova, e a necesidade de disputar hexemonías e abrir novos horizontes de cambio no futuro inmediato
A nosa compañeira Oriana Méndez, número 2 da Marea de Vigo, nun momento da súa intervención.
De esquerda a dereita: Rubén Pérez, candidato á alcaldía de Vigo; Pablo Iglesias, Secretario Xeral de Podemos; a nosa compañeira Oriana Méndez; e Xaquín Pastoriza e Estela Miller, números 3 e 4 da candidatura Marea de Vigo.
Narón, 21 de maio de 2019.- Xosé Manuel Beiras destacou o feito de que a candidatura de Narón por Diante sexa “encabezada por un loitador sindicalista”, en referencia a André Abelendo. Nese sentido defendeu que “é unha candidatura que loita polos valores fundamentais para unha democracia e para os cidadáns”, facendo referencia á “liberdade, fraternidade e benestar da xente do común, da xente de abaixo”.
Resaltou que Narón por Diante “non son políticos profesionais”, se non cidadáns activos que “pretenden defender aos que nunca son defendidos, que son sistematicamente enganados por aquelas candidaturas que prometen cousas e que cando chegan ao poder fan todo o contrario. Esta é a enorme diferencia entre Narón por Diante e calquera das demais”.
“Polo tanto pido o voto para Narón por Diante, para André Abelendo e ás compañeiras e compañeiros da candidatura”, rematou afirmando Xosé Manuel Beiras.
Antón Sánchez, sobre a #MinaTouroOPino “A actividade contaminante destas empresas precisa da complicidade das administracións para ser negocio. Por iso cremos que hai que darlle carpetazo ao proxecto de reapertura da mina de Touro, que leva 30 anos contaminando o medio ambente e pon en risco as vidas de veciños e veciñas. Apoiamos os movementos sociais contra o modelo do espolio”