Comezou o xuízo contra dirixentes políticos independentistas encausados pola celebración do referendo democrático do 1 de outubro. Con este vídeo do noso Portavoz Nacional Antón Sánchez queremos achegarlle a nosa solidariedade e reclamar a liberdade dos presos e presas políticos catalás.
Desde a crise contáronnos moitas mentiras: dixeron que o problema da vivenda desaparecería. Non se mudou nada a nivel estrutural. Rescatáronse os activos tóxicos dos bancos con diñeiro de todas e todos, mais non se puxo a disposición da xente un parque público. Os prezos suben, o aluguer tamén. Non se atreven a enfrentarse aos fondos voitre e outros intereses. Nós propoñemos que hai que incrementar o parque público, ter mecanismos de coordinación entre administracións, incrementar os orzamentos e dar axudas útiles para quen o precisa. Hai que comezar a considerar a vivenda coma un dereito, e non só coma un negocio.
O noso Portavoz Nacional Antón Sánchez analiza e fai unha primeira valoración sobre o que supón o peche de Meirama para Galicia, o medio natural e o tecido industrial
O peche de Meirama é a mellor noticia para o medio ambiente das últimas décadas.
As centrais de As Pontes e de Meirama xeran entre o 30% e o 40% dos gases de efecto invernadoiro.
O que debera facer un goberno que se preocupe pola xente e por este país é ter previsto solucións laborais alternativas.
O Plan Eólico de Galicia está ao servizo das mesmas empresas que durante anos contaminaron este país.
Temos que traballar na transición enerxética. Pasar non só ás enerxías renovables, se non a que a enerxía estea nas mans da xente
O discurso do Portavoz Nacional Antón Sánchez estivo centrado na necesidade de activar Anova para fortalecer ás mareas municipalistas. Defendeu a cooperación de abaixo a arriba para xerar espazos políticos cidadáns con decisión propios, respectando a soberanía das iniciativas locais, potenciándoas como instrumentos de empoderamento cidadá, como lugares de encontro do maior número de axentes políticos, sociais e cidadáns, coa maior amplitude e pluralidade sumar a todos aqueles que queren e están dispostos a traballar para lograr a derrota política da dereita no seu concello.
A convención de política municipal República dos Concellos foi inaugurada polo alcalde da capital Martiño Noriega, que lembrounos «se existe espazo de liberdade existe no local. Estamos a ser agredidos polos poderes fácticos e por determinados intereses» e que «Anova concibiuse para aportar ao espazo de Unidade Popular».
A finais de febreiro tivo lugar, en Iruña, unhas xornadas ao redor da Transición. Xosé Manuel Beiras participou xunto con Sánchez Gordillo e Alfredo Bienzobas nunha palestra cuxo título foi «A transición nas nacionalidades». As xornadas estiveron promovidas polo colectivo “Sanfermines 1978: Gogoan!”, do que forma parte o noso amigo Sabino Cuadra. Agora difundimos o vídeo completo deste acto.
«A unidade e a xenerosidade son fundamentais para que o PP sufra unha severa derrota en 2019», afirmou Antón Sánchez na Conferencia Política Nacional de Anova. Entendemos que as lóxicas de coalición e de parte debilitan o espazo de unidade. O protagonismo é o do espazo unitario das mareas municipais. Debe ser a xente das mareas municipais quen decida, non os partidos.
Intervención completa de Antón Sánchez defendendo unha moción co obxectivo último de rescatar a AP9 para a xestión pública, fronte á maioría muda do Partido Popular, peóns do goberno español e de AUDASA.