Intervención de Oriana Méndez no acto central da Marea de Vigo

“Erguémonos con convicción e ilusión da man da savia nova do 15-M, dos movementos sociais na defensa dos traballadores e da vigorosa onda lila do feminismo co que as mulleres confirmamos que cunha man sostemos a metade do ceo porque coa outra sostemos a metade do mundo. Con nós estaba un alento longo e profundo enraizado nas corredoiras dos barrios, gravada na memoria unha cidade de metal e montes, de fábricas e camiños, da memoria das folgas do 72, das asembleas, das rúas que se encheron opoñéndose ao desmantelamento industrial. Cando Vigo sae á rúa, o chan treme.”

A nosa compañeira Oriana Méndez, número 2 da Marea de Vigo, nun momento da súa intervención.

De esquerda a dereita: Rubén Pérez, candidato á alcaldía de Vigo; Pablo Iglesias, Secretario Xeral de Podemos; a nosa compañeira Oriana Méndez; e Xaquín Pastoriza e Estela Miller, números 3 e 4 da candidatura Marea de Vigo.

 

 

 

 

Antón Sánchez valora o peche de Meirama

 

O noso Portavoz Nacional Antón Sánchez analiza e fai unha primeira valoración sobre o que supón o peche de Meirama para Galicia, o medio natural e o tecido industrial

O peche de Meirama é a mellor noticia para o medio ambiente das últimas décadas.

As centrais de As Pontes e de Meirama xeran entre o 30% e o 40% dos gases de efecto invernadoiro.

O que debera facer un goberno que se preocupe pola xente e por este país é ter previsto solucións laborais alternativas.

O Plan Eólico de Galicia está ao servizo das mesmas empresas que durante anos contaminaron este país.

Temos que traballar na transición enerxética. Pasar non só ás enerxías renovables, se non a que a enerxía estea nas mans da xente

Xosé Manuel Beiras participa na palestra «A transición nas nacionalidades» en Iruña

A finais de febreiro tivo lugar, en Iruña, unhas xornadas ao redor da Transición. Xosé Manuel Beiras participou xunto con Sánchez Gordillo e Alfredo Bienzobas nunha palestra cuxo título foi «A transición nas nacionalidades». As xornadas estiveron promovidas polo colectivo “Sanfermines 1978: Gogoan!”, do que forma parte o noso amigo Sabino Cuadra. Agora difundimos o vídeo completo deste acto.