Intervención completa de Antón Sácnhez, vicevoceiro do Grupo Parlamentario de En Marea expoñendo as propostas de resolución durante o Debate do Estado da Nación.
Video
Antón Sánchez: “Catalunya aféctanos a todos, é unha cuestión de democracia”
Entrevista de Sermos Galiza a Antón Sánchez co gallo da súa participación nun acto do CIEMEN, nas vésperas do referendo do 1-0, na defensa dos dereitos civís e as liberdades.
Antón Sánchez: «A Lei de Depredación de Galiza vale para legalizar a corrupción dos ladróns de luvas brancas»
Antón Sánchez: «Non é unha lei, é unha infame concesión colonial que entrega os nosos recursos naturais ás empresas mineiras e eléctricas. Unha trampa para erradicar toda garantía ambiental que limite beneficios. Favorece a depredación de recursos. Feijóo fixo da Xunta de Galicia un Consello de Administración. O único retorno que terá está lei será que as corporacións mineiras reservarán algúns postos nos seus consellos de administración para cando se retiren dirixentes e conselleiros do Partido Popular».
Antón Sánchez: «Non nós van parar, a nosa é unha loita pola democracia»
Antón Sánchez, voceiro de Anova, resposta ás ameaza do Delegado do Goberno en Galiza.
Réplica de X. M. Beiras no debate do estado da nación 2013
“A cidadanía sempre remata por derribar aos tiranos”. Beiras no debate do estado da nación 2013
Xosé Manuel Beiras recriminou a Feijóo que están a desvirtuar o Parlamento, porque “pretenden que a cidadanía pense que os políticos somos iguais e que o Parlamento non vale para nada, pois esa é a vía para mudar a un réxime totalitario”.
Beiras debullou os problemas de Galiza, unha “nación” con dereitos cívicos, e acusou ao “Partido Parasitario” do “exterminio económico, social, cultural e ambiental do noso País”.
Sinalou ademais que a alternativa pasa pola “cidadanía galega mobilizada e ben artellada que será o motor dunha creba democrática, en solidariedade cos demais pobos do ámbito peninsular”, e rematou cun “venceremos NÓS!”.
Intervención de X. M. Beiras no debate final dos orzamentos
Beiras cualifica a actuación do PP no debate dos orzamentos dunha auténtica chamada á insurrección cívica ao demostrar que non están dispostos a razoar nin a acordar nada.