Protocolo de xestión de pagos

PROTOCOLO DE XESTIÓN DE PAGOS

Debido a que ANOVA-Irmandade Nacionalista se rexe polo principio de caixa única, as necesidades de gasto ordinarias das distintas asembleas locais así como as da organización a nivel nacional, deberán cumprir os seguintes requisitos:

1 | Ditas necesidades dirixiranse á persoa responsábel da área correspondente da Comisión Permanente.

2 | Cada solicitude de gasto conterá como mínimo a seguinte información:

  • a) Obxecto do gasto
  • b) Identificación e sinatura da persoa que o solicita
  • c) Breve xustificación
  • d) Orzamento ou factura pro-forma

3 | Os gastos superiores a 3.000 euros deben acompañarse de polo menos 2 ofertas competitivas a fin de asegurar a eficiencia do gasto a realizar. Estes gastos deben ser aprobados pola Comisión Permanente.

4 | É a persoa responsábel de finanzas quen autoriza o pago, coa supervisión e sinatura da responsábel de organización.

5 | Asemade, é a responsábel de finanzas quen decide con cargo a que conta bancaria se fai o pago do gasto, xa sexa unha conta nacional como unha local.

6 | Informarase mensualmente á Comisión Permanente dos gastos realizados no mes anterior.

7 | A principios de cada ano presentarase na Coordinadora Nacional o balanzo de ingresos e gastos do ano anterior, poñendo a disposición da mesma para a súa fiscalización, as facturas pagadas durante ese ano.