Antón Sánchez: «Desde a crise contáronnos moitas mentiras: dixeron que o problema da vivenda desaparecería»

Por Anova IN o 4 de Febreiro de 2019 en Mediateca

Desde a crise contáronnos moitas mentiras: dixeron que o problema da vivenda desaparecería. Non se mudou nada a nivel estrutural. Rescatáronse os activos tóxicos dos bancos con diñeiro de todas e todos, mais non se puxo a disposición da xente un parque público. Os prezos suben, o aluguer tamén. Non se atreven a enfrentarse aos fondos voitre e outros intereses. Nós propoñemos que hai que incrementar o parque público, ter mecanismos de coordinación entre administracións, incrementar os orzamentos e dar axudas útiles para quen o precisa. Hai que comezar a considerar a vivenda coma un dereito, e non só coma un negocio.