Acto de Anova en Lugo

Por Anova IN o 5 de Febreiro de 2020 en Actividades, Actualidade, Destaques

 

Mañá xoves 6 de febreiro ás 20.30 horas en Lugo no Edificio Sindical (Rolda da Muralla, nº58) terá lugar un acto aberto de Anova. O obxectivo é denunciar as políticas anti-sociais de Alberto Núñez Feijóo e reforzar a proposta rupturista, nun horizonte marcado por un ano electoral no que debemos sumar esforzos e vontades que permitan o cambio político.

 

No acto participará Inma Alonso, veciña da cidade de Lugo; Xosé Manuel Beiras, Catedrático Emérito de Estrutura Económica da USC; e Antón Sánchez, Portavoz Nacional de Anova.