Actualidade

Anova e as eleccións do 29 de Novembro

Coordenadora Nacional de Anova
Nestes tempos nos que están en risco as conquistas en materia de dereitos das últimas décadas, é necesario impulsar un chamamento urxente a defender a democracia. Os partidos políticos teñen a obriga de entenderse e proxectarse na sociedade como ferramentas ao servizo das maiorías sociais, nunca como un fin en si mesmo. Anova, como espazo […] Ler máis

Na memoria de Xosé Manuel Beiras (1936-2026)

Na madrugada do 8 de outubro, faleceu aos 90 anos Xosé Manuel Beiras Torrado, a figura máis relevante da política galega contemporánea e referente histórico do soberanismo. Dende Anova – Irmandade Nacionalista lamentamos fondamente a súa perda. Para o conxunto da nosa militancia foi un guía e un camarada, a súa pegada fica en quen o rodeaba e en todo o país.

90 anos de utopía: o fío democrático do Estatuto de 1936

A declaración conecta aquel legado cos desafíos do presente: a democratización profunda, a defensa da soberanía enerxética, alimentaria e territorial e a necesidade de unir afirmación nacional e xustiza social. Porque, como sostén o texto, non hai transformación social sen soberanía nin soberanía real sen xustiza social.

Día da Patria: noventa anos da vontade dun país

Realizaremos unha ofrenda floral ás 13.45 na estatua de Ánxel Casal polo 90 aniversario do Estatuto do 36, coa colocación dunha coroa adicada a María Miramontes e Anxel Casal e unha intervención do noso voceiro nacional.
Neste Día das Letras Galegas 2026 conmemoramos a Begoña Caamaño e a todo o que ela representa na nosa memoria nacional. Festexamos o seu legado de compromiso feminista, de defensa do idioma e de reivindicación da dignidade profesional como defensora dos medios de comunicación públicos. Máis alá da súa narrativa, honramos o seu legado de […] Ler máis

1º de Maio: Traballo, dignidade e Antifascismo

Cada Primeiro de Maio é unha xornada de memoria e reivindicación. Lembrar o 1886 de Chicago non é unicamente referirnos a un episodio illado da Historia, senón evocar o fío vermello do movemento obreiro. A conquista dos dereitos laborais máis elementais supuxo sangue e represión. Hoxe, ese legado recórdanos unha lección fundamental: ningún dereito foi […] Ler máis

Lugo érguese fronte ao asalto do PP ao Concello de Lugo

Alfonso Rueda pretende tomar o Concello de Lugo pola porta de atrás, valéndose da desgracia humana e mercando unha tránsfuga nunha manobra que racha cos principios democráticos máis elementais. O pasado venres, a veciñanza de Lugo deu unha primeira mostra de resiliencia democrática e de firmeza ética mobilizándose en defensa da vontade maioritaria expresada nas […] Ler máis
Rianxo, 25 de abril de 2026 – A localidade de Rianxo acolleu este sábado, 25 de abril, a IIª Xornada Municipalista organizada por Anova-Irmandade Nacionalista. Baixo o lema “Conquistar avances: Coidados, migración e vivenda”, o encontro reuniu unha importante representación do municipalismo galego para debater e trazar estratexias desde o eido local fronte á actual […] Ler máis
IIª Xornada Municipalista Galega
Santiago, 14 de abril de 2026.— Anova-Irmandade Nacionalista celebrará o vindeiro sábado 25 de abril en Rianxo a IIª Xornada Municipalista Galega, baixo o título “Conquistar avances: coidados, migración e vivenda”. A cita desenvolverase entre as 10:00 e as 15:00 horas e é de entrada libre e aberta á cidadanía. Tras a primeira edición celebrada […] Ler máis
Anova Irmandade Nacionalista quere trasladar os seus parabéns a Benito Portela, a Sadamaioría e ao conxunto do pobo de Sada pola vitoria xudicial histórica confirmada polo Tribunal Supremo, que ratifica a devolución do Pazo de Meirás como patrimonio público. Esta resolución culmina anos de loita política, institucional e social para recuperar un ben espoliado pola […] Ler máis